Lugo, 5 de xaneiro de 2021. Os senadores do PP da provincia de Lugo- Xosé Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela- esixen ao Goberno central “traballar en medidas concretas para as zonas despoboadas ou en risco de despoboamento e, á vez, pensar tamén nas zonas rurais á hora de lexislar para evitar a súa discriminación”.
Os populares propoñen ante a Comisión de Despoblación y Reto Demográfico da Cámara Alta distintas iniciativas dirixidas a implementar políticas activas e transversais que consigan dinamizar, vertebrar e fixar poboación no rural lucense co obxectivo de paliar o problema do despoboamento que afecta á nosa provincia que foi, segundo os datos que se veñen de coñecer recentemente, a que máis poboación perdeu no 2020 en Galicia.
Os populares sinalan tamén que “a provincia de Lugo perdeu máis de 160.000 habitantes en sete décadas pasando de ocupar o número 12 na lista de provincias máis poboadas de España ao número 37 segundo os datos dun informe publicado polo Círculo de Empresarios de Galicia en xaneiro do 2020. Na década dos 50 repartíanse polo territorio lucense 450.000 cidadáns -e 53.000 na capital-, mentres que na actualidade viven no rural lucense menos de 230.000 persoas”.
Así mesmo, os senadores do PP lucense fan fincapé nos altos índices de envellecemento da poboación e as baixas taxas de natalidade, ademais da dispersión da poboación na nosa provincia. Polo tanto, cren que as infraestruturas resultan esenciais para facilitar os desprazamentos dos veciños e por iso consideran imprescindible dotar á provincia de vías de comunicación terrestre suficientes e de estradas rápidas e seguras.
Infraestruturas e conexión á Internet
Ante o desmantelamento progresivo, e particularmente con motivo do estado de alarma, da operadora ferroviaria pública Renfe na provincia e da existencia de tres autovías sen rematar como son a A-54 (Lugo – Santiago de Compostela); a A-74 (A Mariña lucense); e a A-56 (Lugo-Ourense); os populares instan ao Goberno a evitar o desmantelamento dos servizos públicos de transporte ferroviario e a comprometerse a finalizar as obras nas autovías que vertebran a nosa provincia e a conectan co resto de Galicia.
Actualmente, tal e como quedou demostrado durante o estado de alarma, as comunicacións vía internet resultan esenciais para a vida persoal como laboral ou estudantil e, polo tanto, para asentar poboación no rural tamén é necesario dotar ao territorio deste tipo de servizos contribuíndo a reducir a fenda dixital. “O Goberno de Galicia destinou nos últimos años centos de miles de euros en axudas a familias e empresas para acceder a Internet vía satélite nas zonas con máis dificultades de cobertura”; pero “o Goberno central debe contribuír tamén a erradicar esta fenda dixital”, engaden. Así, instan ao Executivo estatal a facilitar o acceso a internet na provincia de Lugo e a crear un marco que garanta o acceso a internet de todos os cidadáns mediante a concesión de axudas a empresas e a particulares.
Incentivos fiscais, eliminación de burocracia e discriminación positiva
Os populares defenden o rural como “espazo de modernidade e calidade de vida” e cren que “é sinónimo de oportunidade”. Nese sentido, poñen en valor a nova lei que prepara a Xunta e que será pioneira na maioría dos países da UE, a Lei de recuperación da terra agraria, que promoverá a recuperación de terreos abandonados para darlles unha nova oportunidade e facilitar, á súa vez, o acceso a base territorial para as persoas que queiran traballar as terras. Ademais, das aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta, a Xunta servirase tamén de incentivos fiscais para lograr os obxectivos do relevo xeracional e o aumento do emprego no rural. Xa que “o reto demográfico é unha cuestión de Estado”, instan ao Goberno a coordinarse co Executivo autonómico para reverter esta problemática e a impulsar incentivos fiscais para facilitar o asentamento da poboación nas zonas rurais de Galicia e da nosa provincia.
Na liña de establecer incentivos que motiven ás persoas a emprender e instalarse en zonas rurais da provincia de Lugo; Barreiro, Arza e Varela defenden a rebaixa de impostos a autónomos das zonas rurais, o establecemento de políticas de discriminación positiva e a eliminación da burocracia para facilitar a instalación de novos proxectos empresariais e o asentamento das familias.
Propostas do PP da provincia para combater o despoboamento
Os populares lucenses teñen demostrado a súa preocupación pola continua perda de poboación da maioría dos concellos da provincia. De feito, o Partido Popular lucense baixo a dirección da súa presidenta provincial, Elena Candia, promoveu unhas xornadas de debate baixo a denominación O Reto Demográfico. Máis Rural, Máis Lugo nas que recoñecidos especialistas en diferentes áreas aportaron ideas, suxestións e experiencias para frear o despoboamento.
Así mesmo, dende o Grupo Provincial do PP veñen de demandarlle ao goberno provincial un plan para combater o despoboamento e mellorar a demografía da nosa provincia deseñado en coordinación cos concellos e o tecido socio-económico e consensuado coa oposición. O portavoz, Javier Castiñeira, ten manifestado que “foi unha moi mala decisión do goberno da Deputación eliminar das bases do Plan Único 2021 a loita contra o despoboamento. A proposta feita polo PP foi aceptada o ano pasado, pero retirada polo goberno provincial no Plan Único para este ano”, denuncia.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



