O parque raíña Sofía de de San Cibrao abre sin que conte con toda a dotación e sin acto inaugural, que se pospón. “Esperamos que todo poda estar rematado na vindeira semana. Daquela temos previsto realizar un pequeno acto inaugural” asegurou o alcalde de Cervo Alfonso Villares.
O remate do parque concluirá ao longo da vindeira semana, cando cheguen as papeleiras. Alfonso Villares achacou o retraso no remate do parque á incorporación de melloras non contempladas no proxecto, a folga do transporte, a decisións de carácter técnico e a inclemencias meteorolóxicas.
Nota de prensa
Os bancos chegaron pola mañá e os operarios colocarannos ao longo da xornada
O PARQUE RAÍÑA SOFÍA ABRIRASE AO PÚBLICO DENDE HOXE Á NOITE
Cervo, 27 de xuño de 2008.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, confirmou que que os operarios da empresa encargada das obras de remodelación do parque Raíña Sofía retirarán hoxe pola noite as vaias que circundan esta zona verde de San Cibrao; unha vez rematen de colocar os bancos que agardaban para poder abrir ao público esta zona de lecer.
Segundo indicou o alcalde, ademais da retirada das vaias tamén se porá en funcionamento a nova iluminación do parque e puntualizou que o remate final do parque concluirá ao longo da vindeira semana, cando cheguen as papeleiras. “Esperamos que todo poda estar rematado na vindeira semana. Daquela temos previsto realizar un pequeno acto inaugural” adiantou Villares.
O alcalde recoñeceu que o Concello leva esperando pola chegada do mobiliario urbano destinado ao parque dende o 10 de xuño, “pero a folga de transportes obrigounos a aprazar a súa apertura”. Unha vez desconvocada a folga, a empresa encargada das obras aseguroulle ao Concello que o mobiliario estaría aquí ao longo desta semana. “O certo é que a saturación do transporte, e o elevado número de pedidos pendentes, fai que a recepción deste mobiliario se estea a alongar no tempo máis do que nos gustaría; por iso temos decidido retirar as vaias, e que os veciños podan utilizar esta zona verde xa remozada aínda que falten por chegar as papeleiras” indicou o alcalde.
O primeiro edil cervense lembrou que a apertura do parque tamén se ten alongado no tempo por mor de decisións de carácter técnico. “As choivas torrenciais dos últimos meses obrigounos a ter que plantar o céspede de novo e repoñer algunhas plantas. Por consello da dirección técnica da obra e tamén da empresa encargada do axardinamento decidimos esperar a abrir o parque ata que tanto o céspede coma as plantas estiveran ben enraizadas” sinalou.
Por último, Villares subliñou que outro motivo do atraso nos traballos de remodelación do parque Raíña Sofía foi debido á incorporación de melloras que non formaban parte do proxecto inicial e á reparación dunha serie de estragos detectados no transcurso das obras. “En todo caso, é digno de salientar que tanto as melloras, como o escrupuloso deseño dos traballos de remodelación non supuxeron un incremento no custe final desta actuación, polo que os veciños de Cervo teñen a garantía de que, a pesar das considerables melloras non terán que dedicar para as mesmas ni un só céntimo dos seus petos” asegurou.

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



