RIBADEO.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito tras o protocolo asinado este mediodía coa Consellería de Industria, con Begasa e coa SEPES que permitirá dotar de suministro eléctrico ao polígono industrial. O investimento ascenderá a 6 millóns de euros, dos que Industria aportará 1,8 millóns de euros; a SEPES 1,4 millóns e Begasa 2,8 millóns. Os proxectos, xestión de permisos e construcción das instalación iniciaránse no ano 2008 e a execución das obras levaráse a cabo durante os anos 2009 e 2010.
Na súa intervención o rexedor asegurou que “en todo este tempo, xa perdín a conta das voltas que demos, primeiro coa ubicación, logo coa cualificación dos terreos, logo coas utilidades públicas, a adquisición dos terreos e logo finalmente fomos víctimas dun crecemento urbanístico que non foi aparellado da mellora das infraestructuras de servizos básico como é o suministro eléctrico….. con todo esto o polígono industrial de Ribadeo levaba uns dous anos parado”.
Fernando Suárez agradecéulle “o compromiso a todas as partes aquí presentes e fundamentais para que hoxe finalmente poidamos ver a luz ao final do túnel. Agradezo o compromiso con Ribadeo da Consellería de Industria a través do conselleiro, Fernando Blanco, do director xeral de Industria, Anxo Calvo e do delegado provincial, Ramón Cortés, que me tiveron que aturar durante este primeiro ano de mandato de xeito insistente, cada quince días con xuntanzas, viaxes a Santiago, a Lugo….. até que a finalmente hoxe podemos estar aquí”.
O alcalde engadiu que “o que esta subestación eléctrica vai a supoñer non será só importante para o polígono industrial senón para todo o Concello e para o Ribadeo dos vindeiros 30 ou 40 anos xa que a potencia a instalar de 40 MVA excede a necesitada polo propio polígono que é de 5 MVA e ademáis suporá o desbloqueo dunha cascada de asuntos pendentes que coma consecuencia estaban bloqueados: a realización dos accesos a ese polígono industrial dos que se encargará a SEPES e a construcción dunha pequena terminal de carga para FEVE, que xa fora aprobada no seu día no Congreso a iniciativa do BNG”.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



