BURELA.- Así, “Burela Cultura Aberta, verán 2008”, se denominan o conxunto de actos que se celebraran nesta vila mariñeira o longo de este verán da man da concellería de Cultura. A programación iniciase o sábado, 12 de xullo, con un concerto de gospel no Auditorio Municipal e remata o 5 de setembro con circo.
A concelleira de Cultura, Neves Cando, considera que se trata dunha programación cultural para todos os públicos “para todos os gustos e para todas as idades. Programación que vai desde o gospel ás tradicións vasca e da Bretaña pasando pola nova música galega uníndoa aos bailes internacionais de Méximo e Komi” .
Nota de Prensa
MAÑÁ ARRANCAN OS ACTOS DA PROGRAMACIÓN BURELA CULTURA ABERTA, VERÁN 2008.
Burela, 11 de xullo de 2008. Mañá sábado arrancan os actos da programación Burela Cultura Aberta, Verán 2008 un concerto de gospel xentileza de Caixanova. Será ás nove e media da noite no Auditorio Municipal coa actuación de JOUFUL GOSPEL CHOIR. <Alí poderemos escoitar o máis puro son do gospel espiritual>, segundo apunta a teniente de alcalde e concelleira de Cultura, Neves Cando. O xoves 17 de xullo ás dez e media da noite na Praza da Mariña terá lugar a proxección da película galega de Ignacio Vilar PRADOLONGO <unha longametraxe de ficción rodada íntegramente na comarca de Valdeorras en Ourense que poderemos ver aquí grazas á Área de Cultura da Deputación de Lugo>, segue a contar Neves Cando. E o 18 de xullo na Praza da Mariña ás sete da tarde terá lugar unha proposta lúdica e cultural para os nenos e nenas de Burela enmarcada dentro do programa Cultura sobre rodas da Deputación <e que ofrece un conxunto de actividades para a promoción da lectura no tempo de lecer coma pasarrúas, obradoiros de árbores atrapadoras de contos e tamén actividades plásticas>.
A programación cultural de Burela para o mes de agosto inclúe: música, cinema, títeres, maxia e circo. O día 2 de agosto celebraráse o 2º Festival Arranxando Culturas que se encadra dentro da 24 edición da Feira do Bonito. Neste evento musical participarán grupos da Bretaña, de Euskadi e de Galicia, <da nosa terra destaca Tres Trebóns do coñeceido Xurxo Souto>, explica Neves Cando. O concerto será ás dez da noite na explanada do porto.
O 8 de agosto ás dez e media da noite na Praza da Mariña terá lugar unha nova edición da Mostra Folklórica Internacional na que participarán o grupo Tradicións de México e Asia Kia da República de Komi. Os xoves 7 e 21 de agosto na praia do Portelo haberá dúas novas sesión de proxeccións de curtametraxes <no maravilloso entorno da nosa praia urbana>, di a teniente de alcalde de Burela.
E como remate de Burela Cultura Aberta, haberá 3 espectáculos diferentes na Praza da Mariña. Para o 22 de agosto ás oito da tarde está prevista a actuación dos títeres Falcatrúa. O 29 de agosto tamén ás oito da tarde será o turno para ver ao mago Cristian e o 5 de setembro será o momento de disfrutar do circo co show de Lupo.
Neves Cando considera que se trata dunha programación cultural <para todos e todas, para todos os gustos e para todas as idades. Programación que vai desde o gospel ás tradicións vasca e da Bretaña pasando pola nova música galega uníndoa aos bailes internacionais de Méximo e Komi. Temos cinema, curtametraxes….>.
——————-






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



