RIBADEO.- A empresa Mahía ven de presentar no rexistro do Concello unha reclamación en concepto de responsabilidade patrimonial por importe de 15.700.000 euros, segundo acaba de anunciar o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor asegura que “esto ven dado cando aló polo mandato anterior o alcalde e o seu grupo (o PSOE) aprobaron de xeito inicial cos seus votos, e cos votos en contra do BNG e a abstención do PP varios convenios urbanísticos que no seu momento xa se apuntara que suponían un crecemento absolutamente desproporcionado para Ribadeo e que a Xunta nunca ía autorizar”. Suárez Barcia engade que “despois daqueles cinco convenios viñeron outros dezasete, pero posteriormente a Dirección Xeral de Urbanismo dixo que este tipo de crecementos eran inadmisibles”.
O alcalde recoñece “unha certa preocupación por esta reclamación de responsabilidade patrimonial. Teño eu e o resto da Corporación temos que defender os intereses do Concello e imos procurar todos os recursos xurídicos e legais que estean ao noso alcance para impedir que esto poida chegar a ter unha repercusión económica negativa para o Concello de Ribadeo. É importante que a xente saque conclusións de algo que foi moi polémico no seu día e eu creo que ven moi ben aquel de dito de aquellos polvos estos lodos”. Fernando Suárez lembra que <os convenios se aprobaron inicialmente, non definitivamente e que non se chegaron a incorporar ao planeamento aprobado inicialmente hai uns meses e consensuado por todos. Foi un acerto porque xa Urbanismo dixo que eso de convertir eucaliptales en urbanizacións de 300 ou 400 chalés é unha brutalidade inadmisible”.
Anécdota de mal gusto
O rexedor cre que “desde logo este tipo de previsións no seu momento de utilizar as institucións para defender intereses privados está pasado nesta Galiza que non é a mesma de hai 3 ou 4 anos, pero creo que nos teremos que armar xurídicamente para que esto non saia para adiante. Pero ademáis hai un argumento que lles pode afectar a todos os veciños de Ribadeo…. a edificabilidade que pretendía a empresa Mahía é algo que podería hipotecar gravemente os intereses do Concello, non só desde a perspectiva da ordenación do territorio e do modelo de vila e de Concello que queremos e que dista radilcamente deste tipo de crecemento un tanto de pelotazo pero ademáis tamén este tipo de crecemento deixaría nunha sola empresa máis de 80.000 metros cadrados de edificabilidade que se lles quitaría aos veciños de Ribadeo e esto sí que afecta ao conxunto dos veciños e propietarios”.
Fernando Suárez agarda que todo esto “quede nunha anécdota de mal gusto que se iniciou no mandato anterior e que colea outra vez”.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



