CERVO.- A responsable da área de Deportes do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, vén de anunciar as datas de celebración da sétima edición do Torneo Fútbol-7 Concello de Cervo. O torneo terá lugar os días 16 e 17 de agosto e celebrarase nas instalacións do Club Deportivo Río Cobo.
O prazo para apuntarse a esta competición permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de agosto e o sorteo dos grupos realizarase o mesmo día 13 de agosto ás 20.00 horas nas instalacións do club de Río Cobo.
Cada equipo deberá abonar unha cota de inscrición de 120 euros, que ingresará no número de conta 2100-2460-81-0200025358 de La Caixa, e deberá estar formado por un máximo de 12 futbolistas.
A lista dos xogadores e o recibo da inscrición poderase entregar na Casa da Cultura de San Ciprián ou nas dependencias da casa Consistorial de Cervo de 10 a 14 horas.
A contía dos premios non sofre variacións con respecto ás últimas tempadas. O campión do torneo recibirá o 60% da recadación das inscricións, o segundo levarase o 25%; e o terceiro o 15%. O cuarto clasificado será galardoado cun trofeo.
As persoas que desexen recibir máis información do campionato poden chamar ao 670.321.857.
Este torneo está organizado polo C.D. Burela Fútbol Sala e o Concello de Cervo a través do convenio de colaboración que o club e a entidade local teñen asinado.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



