VIVEIRO .- O BNG de Viveiro presentou hoxe alegacións aos orzamentos do concello aprobados inicialmente nunha sesión plenaria do pasado 21 de xullo. O proxecto de orzamento xa fora votado en contra polo Bloque Nacionalista Galego e estaban agora na fase de exposición pública. O BNG lembra “que o Servizo de Intervención recomendou na sesión de xullo a retirada do proxecto por incumprir a lei no referente á estabilidade orzamentaria. O concelleiro do BNG cualificaba o pasado día 1 de “auténtica chambonada” ao proxecto presentado “tarde mal e arrastro” por un goberno que “pasou de matute o debate máis importante do ano”.
NOTA DE PRENSA:
O BNG DE VIVEIRO PRESENTA ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS DO CONCELLO
O BNG de Viveiro presentou hoxe alegacións aos orzamentos do concello aprobados inicialmente nunha sesión plenaria do pasado 21 de xullo.
O proxecto de orzamento xa foi votado en contra polo Bloque Nacionalista Galego e estaban agora na fase de exposición pública. Lembramos que o Servizo de Intervención recomendou na sesión de xullo a retirada do proxecto por incumpir a lei no referente á estabilidade orzamentaria. O concelleiro do BNG calificaba o pasado día 1 de “auténtica chambonada” ao proxecto presentado “tarde mal e arrastro” por un goberno que “pasou de matute o debate máis importante do ano”.
As alegacións, que terán agora que ser tratadas nun Pleno, constan de catro apartados que, de seguido, transcribimos.
1º) Que nos Orzamentos aprobados inicialmente polo Pleno do Concello se pretende inchar a partida de ingresos para poder acometer máis gastos, sabendo que están endebedando e poñendo nunha situación máis crítica ao Concello. Sen entrar a detallar partida por partida o desfase contábel, si podemos poñer riba da mesa algúns exemplos do dito. Pensemos senón no concepto 282 onde se pasan duns dereitos liquidados no 2007 de 187.602,80 Euros a unha previsión de ingresos de 990.021,25Euros ou na Taxa por Licencia de Obra onde no exercicio 2007 se recoñecen dereitos liquidados por 158.178,46 Euros e se fixan para este ano unhas previsións de 525.495,65 Euros, téndose liquidado no que vai de ano 71.000 Euros aproximadamente. Neste sentido queremos referirnos ao Informe de Intervención, no que se fai referencia ao incumprimento do art. 165.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, referido a estabilidade Orzamentaria.
2º) Que os gastos financeiros por operacións de crédito a corto e longo prazo non coinciden co estado da previsión da débeda sen preverse a concertación de operacións de Tesourería neste documento o que contradí o estado de gastos tal como establece o art.166 do TRLFL. Na mesma liña no Informe económico financeiro tampouco se especifican eses dados polos que se incumpre o art18.1 e) do RD 500/1990. Xa por último debemos recordar que as sociedades municipais do Concello de Viveiro non teñen aprobados os seus estados contábeis, sen o cal non se poden concertar operacións de crédito a longo prazo, polo que se incumpre o disposto no artigo 53.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
3º) Que o RD 500/1990, no art. 18.1 e) establece que o Informe económico financeiro, en relación coas operacións de crédito previstas, debe recoller as características e condicións financeiras previstas, con especial referencia a carga financeira que pese sobre a entidade antes e despois da formalización. Que eses dados non se aportan no documento Orzamentario cando a principal motivación dom esmo é formalizar unha operación de crédito por 1.100.000 Euros. A maior abonamento hai que lembrar que o art. 53.7 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais establecese que para aumentar o endebedamento municipal débese te ren conta a situación económica do Concello, neste sentido desde Intervención apuntase, que conforme ao criterio expansivo fixado para determinar os Ingresos do Orzamento de 2008, o Remanente de Tesourería do próximo exercicio será negativo .
4º)Que no Anexo de Inversións non se especifican os gastos concretos que se financiarán con cargo a operación de crédito o que incumpre os requisitos de información recollidos no art. 19 del RD 500/1990. Neste sentido é evidente que non se pode incluír no Anexo de Inversións o gasto correspóndente ao Proxecto 2008/2/VIALE/1 y 2008/2/VIALE/2. De acordo cos datos aportados encontrariámonos ante un gasto corrente e non de inversión. Asemade o art.216 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais establece que a hora de contabilizar os gastos, terase en conta a natureza económica dos mesmos, algo que se incumpre ao contabilizar como gastos do capítulo seis o que son gastos do capítulo dous.
Por todo exposto SOLICITASE que se teña por presentada esta alegación, que se proceda a súa toma en consideración, e xa que logo se proceda a anular os Orzamentos Municipais de Viveiro aprobados inicialmente no Pleno do 21 de xullo de 2008.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



