O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro presenta hoxe unha iniciativa que, co apoio dos veciños e veciñas da parroquia de Covas, pretende que o Centro Sociocultural de Covas, ubicado no edificio Corbelle se abra canto antes.
Afirman que “en varias ocasións nos temos interesado no Concello sobre as causas polas que este Centro Sociocultural non entra en funcionamento. Como se pode comprobar estamos diante doutro incumprimento máis do sr. Roel que na SESIÓN DE PLENO DO DÍA 3 DE DECEMBRO DE 2007, cando o BNG pregunta para cando está prevista a apertura deste Centro Sociocultural,contesta: “esperamos a súa apertura definitiva no primeiro trimestre de 2008, e digo definitiva porque antes de finalizar o ano xa terá algunha utilidade”.
Na súa nota de prensa concretan que “pasaron oito meses desde este anuncio e nada disto se cumpriu.
A parroquia de Covas, como xa temos sinalado en moitas ocasións, sendo a que máis veciños e veciñas ten do Concello, é totalmente deficitaria neste tipo de infraestrutura. Só conta cun Centro Sociocultural ubicado nun dos edificios das antigas escolas de Covas. Durante o goberno municipal no que participou o BNG criouse—a proposta da Área de Servizos Sociais que levabamos os nacionalistas— unha rede de Centros Socioculturais que desde aquela veñen funcionando nas parroquias do Concello.
Con posterioridade un local ubicado nos baixos do edificio Corbelle, na parroquia de Covas, incorporouse, vía convenio aprobado polo Pleno, este novo local.
O BNG considera que hai que abrilo aos veciños e veciñas canto antes.É por iso imos recoller entre a veciñanza sinaturas que pidan a posta en funcionamento deste Centro. Estas sinaturas presentarémolas no Concello de Viveiro no mes de Setembro”.



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



