BURELA .- O parque Rosalía de castro de Burela contará con unha nova zona infantil que ocupará uns 200 metros cadrados. A nova area estará dotada de “de pasatempos, igúoo, tren de madeira, columbios con asentos de cuna e dúas papeleiras con divertidas decoracións” según indicou o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Domenech.
Domenech tamén sinalou que “esta actuación, xunto coa construción dos parques ximnásticos para maiores, é froito do compromiso deste Concello de mellorar as dotacións de ocio para que os nenos e os maiores dispoñan de lugares apropiados onde disfrutar do tempo libre”.
Nota de Prensa
O CONCELLO DE BURELA CONSTRUIRÁ UNHA NOVA ÁREA INFANTIL NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.
Burela, 28 de agosto de 2008. A Delegación de Obras e Servizos do Concello de Burela anuncia o inminente comezo da construcción dunha segunda área infantil no Parque Rosalía de Castro, satisfacendo así unha demanda veciñal. Segundo conta o concelleiro delegado deste departamento, Pascual Domenech, <o proxecto elaboróuse tendo en conta a grande afluencia que rexistra a outra área alí instalada e a ubicación nun espazo orixinal, atractivo e agradable, aproveitando a situación excepcional das novas instalacións>.
Esta nova área ocupará unha superficie de preto de 200 metros cadrados, e <constará de pasatempos, igloo, tren de madeira, columpios con asentos de cuna e dúas papeleiras con divertidas decoracións, todo elo sobre solo bicolor adaptado á normativa europea sobre espazos infantís e revestimento de solos, e rodeado de peche modular multicolor delimitando a zona de xogos>, segue a contar Domenech que engade que <todos os xogos contarán con colores vivos e limpos, nos que se combina a estética tradicional e clásica con apostas innovadoras. O obxectivo destes elementos con formas redondeadas e suaves, é despertar a imaxinación dos nenos>.
O concelleiro de Obras e Servizos sinala que <esta actuación, xunto coa construcción dos parques ximnásticos para maiores, é froito do compromiso deste Concello de mellorar as dotacións de ocio para que os nenos e os maiores dispoñan de lugares apropiados onde disfrutar do tempo libre>.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



