A MARIÑA .-
Esta fin de sema tocoulle a Foz, denunciao publicamente a asociación de veciños O Castro, e fai uns días foi no Monte Castelo en Burela. En Foz romperon mobiliario e mutilaron a imaxe de un arao. A pasada sema en Burela sacáronlle un altavoz a orquestra que animaba a festa e agrediron a unha persoa que actuaba. Isto que se saiba. Entre tanto, as autoridades e os representantes de entidades que deberían ser responsables parece que como medida máis inmediata esperan ao ano que ven a ver si vai mellor. O exemplo máis próximo de estes efectos está na romería do Santiago en Sargadelos, Cervo.
No caso de Foz a asociación de veciños O Castro pide “a todas as persoas que presencien os actos vandálicos e destrutivos para que interpoñan a correspondente denuncia” e “insta ás Autoridades que correspondan a que se tomen as medidas oportunas para evitar que estes feitos se repitan o menos posible”.
Nota de Prensa
AVV “O Castro” Foz
Á vista dos actos vandálicos que se produciron na zona do Paseo Marítimo, desde a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz queremos instar á cidadanía, tanto de habitantes como visitantes, a que disfruten das noites de verán pero sempre desde o civismo e respectando tanto ás demais persoas coma ó mobiliario urbano e instalacións diversas. A Asociación de Veciños “O Castro” quere recordar que o mobiliario urbano e outras instalación que se atopan en toda a vila están postas a disposición dos cidadáns para un uso correcto, coherente e civilizado, e entendemos que a persoa que coida eses obxectos non só está respectando ós demais senón tamén a ela mesma, xa que o uso axeitado das instalacións permite que todos nos beneficiemos delas.
Desde a Asociación queremos facer un chamamento a todas as persoas que presencien os actos vandálicos e destructivos para que interpoñan a correspondente denuncia antes as Autoridades competentes, xa que entendemos que deste modo lograrase que esas accións non queden impunes e os autores sufran as consecuencias de xeito directo.
Por último, a Asociación de Veciños “O Castro” insta ás Autoridades que correspondan a que se tomen as medidas oportunas para evitar que estes feitos se repitan o menos posible.
Fátima Rodríguez Moreda
Presidenta
AVV “O Castro” Foz






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



