BARREIROS .- O vindeiro domingo 24 de agosto celebraráse na ría do Masma-Foz o 2º Desafío Tesouro da Cornería, que organiza a asociación Vítere coa colaboración do Concello de Barreiros e Alquiouro. Trátase dunha proba de tiro á corda desde ambos marxes da ría, Barreiros e Foz, na que participarán 12 veciños de cada municipio e os rexedores dos dous Concellos.
O desafío dará comenzo ás once da mañá. O alcalde, Alfonso Fuente, agarda que sexa un éxito e que “reúna incluso a máis xente que o ano pasado”. Manuel Villamarín, da asociación Vítere, lembra que este desafío xurdiu “porque había un pirata nesta zona que escondía un tesouro na Cornería. Era un diamante azul que nunca ninguén atopou, por eso con esta proba tentamos lembrar esa tradición e os de Barreiros e os de Foz pelexamos por un tesouro que está nunha barca no medio da ría. O mellor, o que máis tire, será o que o leve”.
O ano pasado gañaron o desafío os veciños de Barreiros.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



