RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o delegado provincial de Vivenda, Cosme Eladio Pombo, acompañados do popular José Carlos Rodríguez Andina, visitaron ás obras de construción das novas vivendas sociais de Ribadeo que acomete a Consellería de Vivenda. O delegado provincial explicou que a obra tratase de “30 vivendas de promoción pública de 2, 3 e 4 dormitorios con garaxe e rocho que suporán un investimento cércano aos 2,6 millóns de euros”. Pola súa banda, Fernando Suárez recordou que “dende fai dez anos non se construíu en Ribadeo ningunha vivenda de protección oficial”
Ao acto desta mañá foron convidados os voceiros municipais do Concello.
Nota de Prensa
O ALCALDE E O DELEGADO DE VIVENDA SUPERVISARON ESTA MAÑÁ AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DAS NOVAS VIVENDAS SOCIAIS DE RIBADEO.
Ribadeo, 27 de agosto de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o delegado provincial de Vivenda, Cosme Eladio Pombo, cursaron hoxe visita ás obras de construcción das novas vivendas sociais de Ribadeo. Pombo explicou que se trata dunha <inspección rutinaria ás obras que acomete a Consellería de Vivenda nesta vila. Trátase da construcción de 30 vivendas de promoción pública de 2, 3 e 4 dormitarios con garaxe e rocho que suporán un investimento cercano aos 2,6 millóns de euros>. O delegado de Vivenda engadiu que <son vivendas para familias ou unidades convivenciais que non superen en 2,5 veces o IPREM é dicir os 16.800 euros e irán en aluguer ou compra-venda en función dos ingresos de cada familia. Hoxe veño transmitirle ao alcalde a petición de colaboración para que todas aquelas familias de Ribadeo que queiran optar a estas vivendas se inscriban no rexistro único de vivenda de promoción pública da Consellería de Vivenda e o alcalde amosóuse aberto a que nas oficinas do Concello de Ribadeo tamén se poidan anotar para que logo cando remate a construcción destas vivendas se proceda ao sorteo>.
Cosme Pombo engade que <se trata de vivendas de calidade que forman parte do plan que a Consellería de Vivenda está a acometer en toda Galicia e na zona da Mariña de Lugo que precisa de moitas máis vivendas de promoción pública para esas persoas que non son capaces de acceder á vivenda libre>.
Dez anos de espera
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, congratulóuse da execución destas obras xa que <suporán unha mellora importante para Ribadeo porque había dez anos que non tiñamos remesa ningunha de vivendas de protección oficial, polo tanto agora dentro do prazo dos 15 meses de execución as familias interesadas poderán inscribirse nese rexistro único da Consellería. Desde o Concello facilitarémoslles as cousas para que poidan apuntarse e despois as que cumpran con todos os requisitos entrarán nun sorteo ante notario que é o sistema que hai tempo que ven empregando a Consellería para a concesión destas vivendas>.
Suárez Barcia agarda que <ésta non sexa a última remesa de vivendas sociais coas que conte Ribadeo e que non teñamos que esperar outros dez anos máis para volver a ter vivendas de promoción pública na nosa vila. Neso estamos traballando Concello e Vivenda e agardamos que en pouco tempo poidamos dar máis noticias neste sentido>.
Ao acto desta mañá foron convidados os voceiros municipais do Concello, e só acudiu o popular, José Carlos Rodríguez Andina. Fernando Suárez explicou que <nos parecía oportuno que estivemos todos nesta supervisión das obras pero algúns optaron por non vir>.




















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



