VIVEIRO .- O sabado 20 e o domingo 21 celebrase a X Carreira Popular Concello de Viveiro 2008 que terá a saída e a meta a carón do Pabillón Municipal de Deportes. As persoas interesadas poden formalizar as inscripcións ata o día 19 de Setembro no número de teléfono: 982-598160,no fax: 982-598160 e no e-mail: egovarros @ gmail . com. O C.D. Egovarros-Viveiro agradece a entidades publicas e privadas o apoio recibido.
Máis Información
X CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO 2008
SABADO 20 E DOMINGO 21 DE SETEMBRO
Regulamento xeral da carreira popular
1° A saída e a meta estarán situadas a carón do Pabillón Municipal de
Deportes.
2° No transcurso da proba farase un control de dorsais.
3° A carreira absoluta terá un percorrido de 12 km.
4° Dado o carácter deportivo e popular da proba, a Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
5° En caso de dúbida, prevalecerá o criterio da Organización.
6° Haberá duchas ó remate da proba.
7° O sábado entregaranse dorsais ata as 4:30 ás categorías inferiores.
8° O domingo entregaranse dorsais ata as 11:00 horas.
9° As inscripcións formalizaranse ata o día 19 de Setembro
no número de teléfono: 982-598160,no fax: 982-598160 e no e-mail: egovarros @ gmail.com
CATEGORIAS
A BIBERÓN: 0-7 ANOS.
B BENXAMÍN: 8-10 ANOS.
C ALEVÍN FEMININO: 11-12 ANOS.
D ALEVÍN MASCULINO: 11-12 ANOS.
E INFANTIL FEMININO: 13-14 ANOS.
F INFANTIL MASCULINO: 13-14 ANOS.
G CADETE FEMININO: 15-16 ANOS.
H CADETE MASCULINO: 15-16 ANOS.
I XUNIOR FEMININO : 17-20 ANOS.
J XUNIOR MASCULINO: 17-20 ANOS.
K SENIOR FEMININO: 21-34 ANOS.
L SENIOR MASCULINO: 21-34 ANOS.
M VETERANOS A MASCULINO: 35-39 AN0S.
N VETERANAS A: 35-44 ANOS.
O VETERANOS B: 40-44 ANOS.
P VETERANAS B: 45-54 ANOS.
Q VETERANOS C: 45-49 ANOS.
R VETERANAS C: 55 EN ADIANTE.
S VETERANOS D: 50-59 ANOS.
T VETERANOS E: 60 EN ADIANTE.
RECORRIDO
100 metros para a CATEGORÍA: A
900 metros para as CATEGORÍAS: B C
1900 metros para as CATEGORÍAS: D E
2900 metros para as CATEGORÍAS: F G
12000 metros para o resto das categorías
PREMIOS EN METALICO
200€, 150€, 75€, 50€, 25€
En metálico, para os 5 primeiros homes da xeral e as 5 primeiras mulleres da xeral.
VETERANOS:Premios en metálico
60€, 40€, 20€
En metálico, para os 3 primeiros
Os premios en metálico e os trofeos non serán acumulativos
TROFEO para os 3 primeiros de cada Categoría.
SABADO 20: ÁS 5 DA TARDE CARREIRAS CATEGORIAS MENORES
7 DA TARDE: CONFERENCIA SOBRE O ATLETISMO A CARGO DE ISIDORO HORNILLOS.
DOMINGO 21: ÁS 11:30 CARREIRA ABSOLUTA
ATLETAS CONFIRMADOS:
* 9 ATLETAS PORTUGUESES ENTRE ELES O TERCEIRO DO ANO PASADO LUIS SA
E ATLETAS GALEGOS CONFIRMADOS ESTA: ROBERTAS GERALAVICIUS, ELIAS DOMINGUEZ CABRAL GAÑADOR DO CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON DO ANO PASADO, RAFAEL FUENTES LUBIAN DA UNIVERSIDADE DE OVIEDO, RAMON SERANTES GAÑADOR DAS TRES PRIMEIRAS EDICIONS, MARCOS SEIJO BUJIA GAÑADOR DA CUARTA EDICION, ASI COMO O ACTUAL CAMPEON ASTURIANO DE 10000 METROS LISOS, ENEDINO GARCIA. E NO APARTADO FEMENINO ESTA CONFIRMADA A PRESENCIA DE : MARIA JESUS GESTIDO GAÑADORA DA EDICION DO ANO PASADO.
QUEREMOS DESDE O C.D. EGOVARROS-VIVEIRO AGRADECER O APOIO QUE RECIBIMOS POR PARTE DO CONCELLO DE VIVEIRO, DO CONCELLAL DE DEPORTES JESUS FERNANDEZ CAL, DA DIPUTACION PROVINCIAL DE LUGO (VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA) QUE POR PRIMEIRA VEZ COLABORA CON ESTA CARREIRA, ASI COMO A FUNDACION DEPORTE GALEGO, FONTECELTA, COCA-COLA, CAJA ESPAÑA, ASI COMO A OUTRAS ENTIDADES E CASAS COMERCIAIS QUE TAMEN COLABORARON CON ESTA CARREIRA, E Ó DIARIO O PROGRESO QUE PATROCINA A CONFERENCIA A CELEBRAR O SABADO AS 7 DA TARDE.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



