A MARIÑA .- A consellería de Política Territorial, María José Caride, confirmou que aínda non se adxudicou ningún tramo das obras da Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, entre San Cibrao e San Sadurniño, e a conselleira prevé este totalmente remata no ano 2.011. A responsable de Política Territorial deixou claro que “se iniciou o proceso expropiador de terreos para a construción do treito Viveiro-San Cibrao da Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, que está en licitación a circunvalación de Ortigueira e que, desta mesma infraestrutura, estanse rematando os proxectos do resto dos tramos”.
Fonte
Política Territorial inviste 8 millóns de euros na humanización das estradas de Castela e Catabois, en Ferrol
A conselleira, María José Caride, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, asinaron o convenio de colaboración para acometer estes traballos, que dotarán a ambas vías, ao longo duns 5,5 quilómetros, dun carácter máis urbano
A conselleira ratificou o compromiso orzamentario da CPTOPT co Auditorio de Ferrol e avanzou que Fomento abrirá en cuestión de días o primeiro treito do acceso ao Porto Exterior
Política Territorial inviste 8 millóns de euros na humanización das estradas de Castela e Catabois, en Ferrol
Ferrol, 3 de setembro de 2008.- A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a execución das obras de acondicionamento das estradas de Castela (AC-862) e Catabois (AC-116), antigamente vías de acceso á cidade ferrolá e hoxe convertidas xa en travesías urbanas. Este carácter de vías urbanas aconsella axeitar a meirande parte do seu trazado aos seus novos usos e estender os servizos ás zonas nas que aínda non existen ou ben a renovar os que presentan deficiencias. Para iso, Política Territorial investirá 8 millóns de euros na humanización de máis de 5,5 quilómetros de ambas vías.
Tanto a estrada de Catabois como a de Castela son importantes arterias de entrada e saída da cidade de Ferrol, con densidades de tráfico que superan os 22.000 vehículos diarios. No caso da estrada de Catabois, as obras previstas dividiranse en dous treitos. O primeiro abarca dende a praza de Canido ata a glorieta do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide, ao longo duns 3 quilómetros nos que se reordenará e adecuará o entorno apostando pola coexistencia de vehículos e peóns, cunha definición equilibrada dos usos das rúas que permita mellorar a súa seguridade viaria. No segundo treito, dun quilómetro ata a rotonda no límite municipal con Narón, na zona do Muíño do Vento, a intervención será de menor alcance e acometerase en función das necesidades concretas de cada punto de xeito que permitan acadar unha maior seguridade e comodidade da circulación.
A estrada de Castela, pola súa banda, recibirá un tratamento similar ao de Catabois no seu treito máis urbano. Neste caso os traballos realizaranse en todo o percorrido da estrada polo ámbito municipal, ao longo de 1.580 metros dende a estación de autobuses e a Ponte das Cabras.
As obras de humanización para as dúas estradas abranguen a construción de beirarrúas, mellora do pavimento, dotación de servizos, aparcamentos, redefinición de paradas de autobús, deseño de zonas verdes e colocación de mobiliario urbano entre outros. No caso da estrada de Catabois tamén se deseñará un carril para bicicletas. Segundo o convenio asinado hoxe, a CPTOPT achegará os 8 millóns necesarios para acometer a obra, elaborará o proxecto técnico e contratará e dirixirá as obras. Pola súa banda, o Concello de Ferrol facilitará os terreos e permisos necesarios para executar os traballos e asumirá a titularidade e mantemento futuro de ambos treitos. Segundo indicou a conselleira, “os proxectos están na súa última fase de redacción e supervisión e está previsto que as obras se liciten este mesmo ano”.
Outras actuacións en Ferrol e a súa comarca
María José Caride realizou na súa intervención un repaso aos diversos proxectos que ten en marcha a CPTOPT en Ferrol e que suman un investimento duns 25 millóns de euros entre o convenio asinado hoxe, o financiamento achegado para a reforma da Praza de España e a construción do Auditorio. Así, sobre o auditorio indicou que “naceu con moitas carencias, xa que o proxecto inicial non reunía as características axeitadas para a súa materialización”. A conselleira lembrou os “problemas difíciles de resolver” atopados pola CPTOPT, xa que “houbo un reiterado incumprimento da dirección de obra e intentouse chegar a un acordo para realizar un proxecto solvente, aínda que supoña un sobrecuste sobre o proxecto inicial de alomenos o 50 por cento, sobrecuste que a Consellería acepta porque sabemos que Ferrol necesita dun auditorio”. A conselleira insistiu en que “non se rescindiu o contrato por motivos económicos senón polas graves carencias do proxecto orixinal”. Dese xeito, segundo indicou a conselleira, “iniciouse a rescisión do contrato coa dirección de obra e modificouse a fórmula para que a dirección facultativa da obra corra a cargo dun funcionario da CPTOPT”. Así, actualmente estase iniciando a modificación do proxecto co obxectivo de que os traballos do auditorio “se reinicien antes de finais deste ano”.
Con respecto ás outras actuacións que a Consellería de Política Territorial ten en marcha na comarca de Ferrol e que contribuirán á súa dinamización económica, María José Caride salientou a posta en servizo esta mesma semana dos autobuses-lanzadeira entre Ferrol e Cedeira así como a mellora da estrada Narón-Cedeira, en particular para garantir a mobilidade e a seguridade viaria nos parques empresariais da zona cun proxecto xa contratado por importe de 3 millóns de euros cuxos traballos iniciaranse en cuestión de semanas cun prazo de execución de 10 meses. Igualmente, a CPTOPT está actuando na travesía de Valdoviño cun investimento de 400.000 euros nuns traballos que rematarán a finais de outubro ou principios de novembro.
Canto ás vías de alta capacidade, María José Caride lembrou que Política Territorial está a construír os dous últimos treitos da autovía Ferrol-Vilalba e que está en licitación a circunvalación de Ortigueira, primeiro treito da Vía de Alta Capacidade da Costa Norte. Segundo indicou a conselleira, nuns días rematará o prazo para a presentación de ofertas desta obra. Ademais, xa se iniciou o proceso expropiador do treito Viveiro-San Cibrao desta mesma infraestrutura e estanse rematando os proxectos do resto dos tramos.
Por último, e con respecto ao acceso ao Porto Exterior que está a executar o Ministerio de Fomento, María José Caride avanzou que, tal e como lle confirmou hoxe mesmo o xefe da Demarcación de Carreteras en Galicia, os primeiros cinco quilómetros do novo vial, a parte máis próxima ao Porto Exterior, estarán en servizo nuns días, os cinco quilómetros finais funcionarán a finais deste mes ou principios de outubro e o treito central está en obras co obxectivo de abrilo o antes posible dentro deste mesmo ano. A conselleira expresou o seu desexo de que toda a infraestrutura poida ser empregada o antes posible.
Data: 14:48 – 03/09/2008






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



