CERVO.- O Concello de Cervo solicitou á Deputación Provincial de Lugo a instalación daquelas medidas que permitan incrementar a seguridade viaria nas estradas de titularidade provincial que existen no termo municipal. Concretamente reclamou a construción de pasos de peóns elevados fronte ao novo centro de saúde de San Ciprián, situado ao carón da estación de FEVE, e en varios puntos do concello como é o caso da estrada de Sargadelos en Figueirido ou os puntos de maior perigosidade da rúa Xosé Álvarez da capital municipal.
NOTA DE PRENSA
O primeiro edil cervense entende que é conveniente que todas as administracións traballen conxuntamente para evitar sustos innecesarios e accidentes “que despois teñamos que lamentar” e por iso está a xestionar coas distintas administracións con competencias nas vías e estradas do municipio medidas que contribúan a reducir riscos
O CONCELLO RECLAMA Á DEPUTACIÓN A INSTALACIÓN DE MEDIDAS QUE PERMITAN INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA NAS ESTRADAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL
* Cervo remitiu ao organismo provincial unha misiva, reiterada nos pasados días, a través das que pide a instalación de varios pasos de peóns elevados nas inmediacións do novo Centro de Saúde de San Ciprián, xa que tras a súa apertura “existe unha maior afluencia peonil na zona”.
* O Executivo que preside Alfonso Villares tamén traslada á Deputación Provincial as demandas de varios veciños, que reclaman a instalación de bandas rugosas na estrada que une Cervo e Figueirido, e nos puntos máis conflitivos da rúa Xosé Álvarez da capital municipal.
* A mellora na seguridade viaria é unha preocupación recorrente do Executivo que preside Alfonso Villares e, neste obxectivo, efectuou varias xestións ante distintos organismos como Fomento e Costas para a instalación de medidas de protección.
Cervo, 13 de agosto de 2008.- O Concello de Cervo solicitou á Deputación Provincial de Lugo a instalación daquelas medidas que permitan incrementar a seguridade viaria nas estradas de titularidade provincial que existen no termo municipal. Máis en concreto, o Executivo que preside o popular Alfonso Villares reclamou a construción de pasos de peóns elevados fronte ao novo centro de saúde de San Ciprián, situado ao carón da estación de FEVE, e en varios puntos do concello como é o caso da estrada de Sargadelos en Figueirido ou os puntos de maior perigosidade da rúa Xosé Álvarez da capital municipal.
Segundo informaron desde o Goberno municipal estas medidas teñen por obxecto reducir os riscos que existen nestas vías, “xa ben sexa pola proximidade a edificios de gran afluencia peonil -como é o caso de centro de saúde sancibrense- ou pola proximidade a vivendas ou vías nas que de xeito habitual os vehículos circulan superando amplamente a limitación de velocidade”.
“Entendemos que é necesario traballar para evitar sustos innecesarios e accidentes que despois teñamos que lamentar. Para iso, a mellor estratexia é implicar ás distintas administracións con competencias sobre as nosas estradas. Que entre todos cooperemos na instalación daquelas medidas que redunden nunha mellora da seguridade viaria e, polo tanto, da seguridade de todos os veciños”
CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIPRIAN
Tras a apertura do novo Centro de Saúde de San Ciprián moitas persoas se vén na necesidade de cruzar a estrada LU-P-1510, de titularidade provincial, para acceder ás súas instalacións e acudir ás consultas dos médicos. É por iso que o Concello de Cervo entende como necesario a construción nesta zona de varios pasos de peóns a distinto nivel, elevados sobre o cruce da calzada, así como aquelas outras que consideren pertinentes os técnicos do Servizo Provincial de Vías e Obras
Esta reclamación efectuouse a través do envío de varias cartas ao organismo provincial: A primeira delas con data do 30 de xullo do presente ano e a última delas nos pasados días reiterando a petición ao non ter recibido resposta.
En todo caso desde o Concello de Cervo explicaron que esta petición “non é nova” pois xa se tiña efectuada en pasados anos ao organismo provincial. Máis en concreto tras a solicitude dun grupo de veciños das vivendas próximas a esta estrada, “que observaban como moitos vehículos non respectan a limitación de velocidade máxima nesta vía, que é 50 quilómetros por hora”.
CERVO E FIGUEIRIDO
Tamén forma parte da reclamación dun grupo de veciños de Figueirido e da propia capital municipal, a necesidade de asumir con urxencia a instalación dalgún tipo de medida que permita controlar os excesos de velocidade dos vehículos que transitan pola estrada de Sargadelos -entre Cervo e a nacional 642 – e pola rúa Xosé Álvarez.
Segundo explican desde o Concello de Cervo nestas vías de titularidade provincial téñense producidos varios accidentes e situacións que entrañan grave perigo para os veciños e outras persoas que por alí transitan -a última fronte a vivenda número 9 da rúa Xosé Álvarez- o aconsella estudar a implantación de medidas que aumenten a seguridade viaria. De feito, o propio Concello de Cervo de xeito provisional instalou unha banda rugosa neste punto, “a expensas da solución técnica máis axeitada que determine o servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial.”
SEGURIDADE VIARIA: PREOCUPACIÓN RECORRENTE
A mellora da seguridade viaria é unha preocupación recorrente do Goberno municipal presidido polo popular Alfonso Villares. Xa no seu momento dotouse de bandas rugosas aquelas interseccións e zonas de vía de titularidade municipal que presentaban maior rigorosidade. A medida -de carácter provisional- serviu para controlar con maior acerto a velocidade do tránsito dos distintos vehículos.
SUBSTITUCIÓN DAS BANDAS RUGOSAS
Nunha segunda fase, o rexedor cervense mantivo varios contactos coas distintas administracións con competencia nas vías e estradas do seu municipio para xestionar a posta en marcha de varias medidas que permitan garantir a seguridade viaria con carácter definitivo. Neste obxectivo logrou que a o departamento estatal de Costas asumira a construción dunha serie de paso de peóns elevados na localidade de San Ciprián. Así un total de 9 están a ser construídos nesta localidade e outros estarán en obras cando rematen os meses estivais “para incidir o mínimo posible na mobilidade de vehículos e persoas nestas épocas de maior afluencia turística.” Os novos pasos de peóns elevados substituirán paulatinamente ás bandas rugosas instaladas con carácter provisional
Xunto a iso, o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares tamén reclamou ao Ministerio de Fomento que instale unha pasarela peonil na localidade de Cervo, para reducir o perigo ao que se ven sometidas aquelas persoas que teñen que cruzar a estrada N 642
UN SAÚDO.- CONCELLO DE CERVO





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



