RIBADEO .- O xoves comenza en Ribadeo a V Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón que se prolongará ata o 21 de setembro. As representacións terán por escenario o Auditorio Municipal Hernán Naval e serán de balde.
O xoves 18 de setembro ás oito e media da tarde a Aula Municipal de Teatro de Ribadeo porá en escea a obra Casa sen ventás. Esta obra xa foi estreada en Rinlo, onde tivo unha grande acollida.
O venres 19 será o turno para o Grupo de Teatro do IES Vilar Ponte de Viveiro que representarán a partires das oito e media a obra Comedia bífida de M. Núñez Singala.
Tres sombreros de copa de Miguel Mihura, un clásico da escena española do século pasado, é o título da obra que se poderá ver o sábado 20 e que porá en escea o Grupo de Teatro San Tirso del Eo.
E o domingo 21 de setembro VALACAR (o Grupo de Teatro da ONCE) representará Enderezo descoñecido, unha adaptación da novela homónima de Kressman Taylor.
O horario de todas as representacións será ás oito e media da tarde. Desde a Concellaría de Cultura de Ribadeo agardan “ver o Hernán Naval con moito público nestes catro días nos que ademáis a entrada vai ser de balde”.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



