RIBADEO .- O alcalde Ribadeo, Fernando Suárez, anuncia que convocara a “representantes das tres administración, Estado, Xunta e Deputación” para protexer a praia de As Catedrais, “un referente que excede a competencia municipal”. Suárez cita que un dos socorristas que traballa nesa praia “chegou a contar ata 6.000 persoas nunha hora” e afirma que “esta masificación pode chegar a deteriorar este entorno, polo tanto hai que tomar medidas de tipo medio ambiental e turístico” polo que “as administracións deben poñer ou su apoio e o seu grao de area” e evitar que As Catedrais “moran de éxito”.
Nota de Prensa
O ALCALDE DE RIBADEO ESTÁ SATISFEITO CO CAMBIO DE SINALIZACIÓN QUE SE PRODUCÍA ESTA FIN DE SEMANA NAS INMEDIACIÓNS DA PRAIA DAS CATEDRAIS. AGORA XA É POSIBLE CIRCULAR EN ÁMBOLOS DOUS SENTIDOS ENTRE REINANTE E ESE AREAL.
Ribadeo, 1 de setembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, alégrase do cambio de sinalización que se producía esta fin de semana nas inmediacións da praia das Catedrais, xa que agora é posible circular en ámbolos dous sentidos entre Reinante e ese areal. Suárez asegura que <é o resultado ao das xestións feitas tanto coa Deputación Provincial de Lugo como sobre todo coa Garda Civil a nivel provincial, dado que desde había un tempo desde o Concello conseguimos un aparcamento temporal para resolver o problema de estacionamento na praia das Catedrias, suxerimos que se prohibira aparcar nas beiras da estrada da costa xa que sería totalmente improcedente a prohibición de circulación nun dos sentidos, polo tanto poderíase circular nos dous sentidos e agora despois de que nos estimaron esta recomendación, a Garda Civil provincial víuno ben e o titular da vía, a Deputación Provincial de Lugo, estimou cambiar a sinalización ao final desta época estival>.
O rexedor de Ribadeo engade que <ainda que sexa ao final da temporada de verán, polo menos podemos xa prever que para o ano que ven non vamos ter estes problemas que tivemos nos últimos anos. Pero eu como alcalde de Ribadeo e coa responsabilidade de ter na praia das Catedrais un doso maiores reclamos turísticos non só de Ribadeo, nin de toda a comarca senón de todo o país, estamos traballando agora, xa no remate da temporada estival, para facer un memorándum das cousas que deben estar melloradas e preparadas para a nova temporada, a do ano 2009>.
Referente que excede a competencia municipal
Fernando Suárez considera que <a praia das Catedrais é un referente que xa excede moito a competencia municipal e é algo no que todas as administracións deben poñer ou su apoio e o seu grao de area porque é algo que si segue así pode chegar a morrer de éxito. Decíame un socorrista non hai moito tempo que nun dia de agosto nunha hora punta puido contar unhas 6.000 persoas que accedían a ese areal nun pequeno anaco de tempo. Esta masificación pode chegar a deteriorar este entorno, polo tanto hai que tomar medidas de tipo medio ambiental, turístico, desde Costas, desde o Ministerio de Medio Ambiente, desde a Xunta, desde a Deputación Provincial de Lugo, desde o punto de vista turístico e tamén para a ampliación do vial da costa, que leva tanto tempo demorada.Polo tanto eu como alcalde emprazarei nunhas datas próximas para preparar con calma o que vai ser a nova temporada das Catedrais para o ano que ven. Xa anuncio que convocarei en tempo n forma a representantes das tres administración: Estado, Xunta e Deputación>.
Instalación dunha oficina de turismo
Desde o Concello <queremos estudiar a posibilidade de poñer unha oficina de turismo, ainda que sexa temporal, para dar informacion aos milleiros e milleiros de persoas que se achegan a ese areal para explicarlles as posibilidades desde o punto de visto xeolóxico, turístico, ambiental etc….. as virtudes que ten esa praia. É unha responsabilidade que excede a regulación do tráfico, é algo que debemos analizar entre todos, porque este areal non só é patrimonio dos ribadenses senón de todos os galegos>.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



