MADRID.- O BNG remite unha nota dende o Congreso de Madrid na que asegura que “a Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía e por unanimidade, a proposición non de lei do BNG que insta ao Goberno a realizar as negociacións oportunas coa empresa multinacional Alcoa para abrir ao tráfico comercial xeral o porto de San Cibrao”.
NOTA D EPRENSA
O CONGRESO APROBA A PROPOSICIÓN DO BNG QUE INSTA AO GOBERNO A INICIAR NEGOCIACIÓNS CON ALCOA PARA ABRIR AO TRÁFICO COMERCIAL XERAL O PORTO DE SAN CIBRAO
Jorquera puxo de manifesto as potencialidades de tráfico comercial existentes na Mariña e a necesidade de abrir o dique norte ao tráfico como elemento dinamizador da comarca
Madrid, 25 Setembro 08. A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía e por unanimidade, a proposición non de lei do BNG que insta ao Goberno a realizar as negociacións oportunas coa empresa multinacional Alcoa para abrir ao tráfico comercial xeral o porto de San Cibrao.
O autor da iniciativa, o parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, aceptou transaccionar un acordo co grupo socialista porque non modificaba a demanda do BNG. Unicamente, éngadese a continuación da proposta do BNG e nun segundo termo, que o “Goberno, nun prazo de seis meses, realice os estudos de viabilidade técnica, xurídica e económica necesarios para avaliar a posibilidade de transformar o actual dique Norte do porto de San Cibrao en peirao para abrilo ao tráfico comercial”.
Demanda unánime
Jorquera lembrou aos membros da Comisión que Alcoa explota este porto en réxime de concesión e que caduca no ano 2023, “pero só usa o dique sur e non o norte que se podería abrir ao tráfico como importante elemento dinamizador económico da comarca de A Mariña”.
Subliñou que a proposición do BNG “se fai eco dunha demanda compartida por organizacións sociais e políticas da comarca. Hai posicións favorábeis da Confederación de Empresarios de Lugo, da Cámara de Comercio de Lugo, pronunciamentos de concellos da zona, e incluso, a aprobación no Parlamento galego dunha proposición neste sentido”.
En A Mariña hai tráfico comercial e rendabilidade
O parlamentar nacionalista puxo de manifesto que na actualidade moitas empresas de A Mariña teñen que realizar operacións de exportacións en portos de fóra da comarca. Puxo exemplos: “nesta comarca é moi importante o sector pesqueiro e de transformación do peixe e moitas empresas de Celeiro, Burela teñen que exportar os seus productos através do porto de A Coruña”. Asemade, engadiu, que existe un relevante sector madereiro e as empresas deste ámbito teñen que recurrir ao porto de Ferrol ou incluso ao de Xixón para as súas actividades. Tamén existe un destacado elenco de empresas da construcción que recurren ao porto de Vigo ou a Marin para a exportación da pizarra.
Jorquera sinalou ao respeito que “é evidente que existen tráficos comerciais que le darían rendabilidade e non sería custoso”. Mencionou estudos da Deputación de Lugo e da mesma Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao que sitúa en apenas 9 millóns de euros o investimento a realizar para operativizar o dique norte de San Cibrao. Ademáis, recalcou, “existen posibilidades reais de autofinanciamento do porto de San Cibrao que aporta a metade das cifras de negocio da Autoridade portuaria de Ferrol, unhas ganancias que absorbe na súa maior parte por Portos do Estado quen, á súa vez, inviste moi pouco no porto de San Cibrao.
Resposta ao PP
O deputado do BNG deu resposta á intervención realizada polo deputado do PP, Sr. García Díez, quen cualificou a iniciativa do BNG “de pouco ambiciosa”. Jorquera dixo ao PP que puido traer hoxe a esta Cámara unha iniciativa similar sobre o porto de San Cibrao “pero non o fixo, é unha proposición do BNG a que está a debate”. O parlamentar nacionalista descartou a emenda do PP “por ser pouco realista” xa que sen siquera se iniciar as negociacións pertinentes con Alcoa, os populares pedían que se consignara unha partida nos Orzamentos para o 2009 para habilitar o dique norte do porto. “Primeiro o Goberno terá que negociar coa multinacional Alcoa, un proceso negociador leva o seu tempo”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



