Nota de Prensa
CERVO
O BNG PIDE AO PP QUE DEIXE DE MAREAR A PERDIZ E ASINE DUNHA VEZ COA VICEPRESIDENCIA DA XUNTA A SUA INTEGRACION NO CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR.
Si en Cervo se abre un centro de reunión para os maiores e pola presión exercida polos veciños.
O PP nega aos maiores do concello a posibilidade de ser atendidos nun Centro de Día dotado con equipamentos, servizos e profesionais acordes coas súas necesidades.
O anuncio para a creación dun Centro de Maiores en Cervo supón unha mellora que consideramos positiva en canto a equipamentos para os maiores do concello, mais foi froito da presión exercida polos propios interesados que reclamaban dende fai tempo unha instalación destas características.
Nembargante, dende o BNG seguimos reclamando ao goberno municipal menos improvisación e mais preocupación polas necesidades urxentes das persoas maiores que precisan de instalacións, servizos e profesionais que atendan esa realidade social que o goberno municipal semella querer contentar con parches. E certo que en Cervo se reclamaba un lugar de reunión para os maiores, non e menos certo que esta instalación non suple as carencias en canto aos servizos que ofrece un Centro de Día ou servizos a domicilio que conlevaria a integración no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que o PP se nega a asinar por disciplina partidista.
O goberno municipal esta mais preocupado por cumprir as directrices emanadas do Partido Popular que por atender as demandas dos seus veciños; así mentres na Mariña e noutros concellos do pais integrados no Consorcio, se poñen en marcha servizos e equipamentos de calidade, en Cervo hai que conformarse cun P.A.I. con servizos mínimos a prezos de gardería, con locais de reunión cuns mínimos equipamentos no lugar dun Centro de Día e sen os servizos a domicilio que veñen contemplados nas oferta explicitada no Consorcio que o Alcalde se nega a asinar mentres anuncia conversas inexistentes coa Vicepresidencia da Xunta.
Dende o BNG pedímoslle ao alcalde e ao seu equipo de goberno que deixen de enganar a xente e no lugar de vender fume nos medios de comunicación, se poña a traballar para os veciños e non para o partido, que fale mais cos 119 alcaldes do PP dos 263 que decidiron integrar os seus concellos no Consorcio e menos coa cúpula dirixente do partido que boicotea os avances nas prestacións sociais que se produciron dende o cambio de goberno na Xunta, iríalle moito mellor.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



