MONDOÑEDO .- A Consellería de Innovación e Industria vén de investir 475.000 euros na rehabilitación de tres salas e do patio do pazo episcopal de Mondoñedo, así como en diversas obras de saneamento da fachada sur do mesmo edificio. Os espazos recuperados acondicionaranse para a ampliación e mellora do Museo Catedralicio e Diocesano, segundo explicou hoxe o titular de Innovación e Industria, Fernando Blanco, que visitou o pazo mindoniense e anunciou ademais un investimento adicional de 180.000 euros para dotar o museo dun proxecto museolóxico completo e coherente.
Nota de Prensa
Innovación e Industria recupera e amplía o museo catedralicio e diocesano de Mondoñedo
Fernando Blanco visitou as estancias do pazo episcopal rehabilitadas para a ampliación e mellora do museo, que se dotará dun proxecto museolóxico completo
A Consellería de Innovación e Industria investirá ata a conclusión do proxecto a finais de ano un total de 655.000 euros
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2008. A Consellería de Innovación e Industria vén de investir 475.000 euros na rehabilitación de tres salas e do patio do pazo episcopal de Mondoñedo, así como en diversas obras de saneamento da fachada sur do mesmo edificio. Os espazos recuperados acondicionaranse para a ampliación e mellora do Museo Catedralicio e Diocesano, segundo explicou hoxe o titular de Innovación e Industria, Fernando Blanco, que visitou o pazo mindoniense e anunciou ademais un investimento adicional de 180.000 euros para dotar o museo dun proxecto museolóxico completo e coherente.
De cara a final de ano, segundo dixo o conselleiro, estará concluída a montaxe dos paneis e das pezas do museo, para que a través do total das súas seis salas e o patio se poida facer un percorrido interpretativo pola longa historia da diocese. O conxunto de pezas de arte sacra dende a idade media até o barroco, pasando polo Renacemento, serán máis accesíbeis para os visitantes, o que significa, a xuízo de Fernando Blanco, a posta en valor dun rico patrimonio e a ocasión de xunguilo coa tradición das peregrinacións xacobeas polo Camiño Norte.
O conselleiro de Innovación e Industria agradeceulle ao bispado de Mondoñedo a súa colaboración para a restauración do pazo episcopal, coa que conclúe, dixo, a iniciativa de potenciar na cidade as peregrinacións e os valores asociados á catedral que se iniciaron coa celebración dos 11 séculos do nacemento de San Rosendo conmemorados en 2007.
Fernando Blanco encadrou a actuación no pazo episcopal dentro do desenvolvemento que o seu departamento está a impulsar do Camiño Norte, no que só en 2008 a Consellería inviste 2,3 millóns de euros, un 64% máis que no ano 2006 e o 15% máis que en 2007. O conselleiro repasou as actuacións do seu departamento nesta ruta, empezando pola inauguración, antes do verán en Mondoñedo, do Centro de Interpretación do Camiño Norte, o primeiro dos oito de similares características que se localizarán en cada unha das rutas xacobeas. Os servizos do camiño están a mellorar tamén co novo albergue de Sobrado e co proxectado en Ribadeo, froito do acordo co bispado. Outras obras que destacou Blanco son a recuperación da Telleira de Boimorto e das igrexas de Santa Comba de Pías e San Lourenzo de Sasdónigas. Nesta última acaban de rematar as actuacións de rehabilitación, executadas cun orzamento de 160.000 euros.
Fernando Blanco lembrou por outra parte o apoio do seu departamento ao Concello mindoniense, que se concreta en actuacións no ámbito do turismo e en melloras na subministración eléctrica en varios núcleos do rural, na extensión das telecomunicacións wimax de banda larga mediante un convenio co concello e no apoio á dotación ao núcleo urbano do mesmo servizo a través do cabo. En total, o compromiso da Consellería de Innovación e Industria con Mondoñedo cífrase, segundo dixo Fernando Blanco, nun investimento de 2,07 millóns de euros.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



