Nota de Prensa
O voceiro de Pesca dos populares galegos acusa a Carmen Gallego de “recortar as posibilidades de futuro” das máis de 25.000 familias galegas que dependen dese sector
O RECORTE DUN 11,8% NO PRESUPOSTO DE PESCA DE 2009 CONVIRTE A CARME GALLEGO NUNHA CONSELLEIRA CESADA
* Balseiro Orol reprocha á Xunta que reduza o orzamento de Pesca en 28 millóns de euros, mentres derrocha fondos públicos en coches oficiais, moqueta ou “exquisitas remodelacións da ala presidencial”
* No que vai de lexislatura, Pesca incrementou os gastos de persoal eventual de Gabinete nun 32,23% e os de propaganda nun 55,4%
Santiago, 30 de outubro de 2008.- Se ben o orzamento da media das consellerías que integran a Xunta de Galicia medrará un 4,2% no ano 2009, o presuposto da Consellería de Pesca sofrirá unha caída do 11,8%, o que representa un recorte de 28 millóns de euros. Para o voceiro de Pesca co Grupo Popular, José Manuel Balseiro, este recorte convirte, na práctica, a Carmen Gallego nunha “conselleira cesada”, responsable dun departamento que se tornou “residual, insignificante e minúsculo”.
Balseiro efectuou estas apreciacións na mañá de hoxe, durante a comparecencia parlamentaria na que a conselleira de Pesca explicou os orzamentos dese departamento para o ano 2009. O recorte operado nas contas desta Consellería revela, en opinión de Balseiro, que Carmen Gallego “non foi quen de demostrar ao resto dos seus compañeiros a importancia que ten a nosa pesca”.
O deputado popular apreciou que “a tixeira de Touriño e de Quintana recorta as posibilidades de futuro das máis de 25.000 familias que dependen, directa ou indirectamente, da pesca en Galicia”. Neste sentido, acusou a Carmen Gallego de se ter convertido na “responsable máxima de que a nosa pesca entre en recesión”.
CAMBIO DE PRIORIDADES
Con todo, para Balseiro Orol, o máis lamentable é o cambio de prioriodades operado no seo do Goberno bipartito, que recorta o orzamento de Pesca en 28 millóns de euros mentres derrocha fondos públicos en “novos coches oficiais, en moqueta e en exquisitas remodelacións da ala presidencial da Xunta”.
Nesta liña, o orador recordou que desde Pesca “non foron quen de pagar a factura da luz dos Gardacostas” no actual exercicio presupostario, a pesar de contar con 28 millóns de euros máis ca en 2009, e preguntou á conselleira “qué desafortunadas situacións teremos que ver agora que teñan degradado á súa consellería ao rango dunha simple dirección xeral”.
Na intervención de resposta á conselleira de Pesca, Balserio puxo sobre a mesa a escasa capacidade de execución presupostaria dese departamento: deixou sen executar o 48,9% do seu orzamento en 2007; mentres que en 2006 non chegou a executar o 69% do presuposto asignado.
SÓ MEDRAN OS GASTOS EN PROPAGANDA
A pesar de que o orzamento da Consellería de Pesca caerá case un 12% no ano 2009, ese departamento mantén, sen embargo o mesmo importe económico para gastos de persoal eventual de Gabinete, o que revela un incremento do 32,23% na actual lexislatura. “¿Qué sentido ten manter un equipo que cada vez o está a facer peor?”, preguntou Balseiro, que tamén reprochou a Pesca que, no que vai de lexislatura, Pesca teña incrementado nun 55,4% a partida de gastos de publicidade e propaganda da Secretaría Xeral.
Pola contra, todas as áreas esenciais sufrirán recortes importantes no ano 2009. É o caso do programa de ensinanzas pesqueiras, esencial para asegurar o futuro do sector, que rexistrará unha caída do 28,88%; Infraestruturas pesqueiras, cun descenso do 4,76%; o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, cun -6,09%; políticas pesqueiras, -11,15%; Competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura, -15,85%; ou promoción social e divulgación da tecnoloxía pesqueira, que descende un 41,68%.
Outros exemplos esgrimidos por Balseiro foron, entre outros, a desaparición dunha partida de 600.000 euros para axudas ás mariscadoras; ou a redución de máis de 400.000 euros nas transferencias de capital ao Intecmar.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



