Nota de Prensa
O GMPP pide máis medidas para frenar a violencia de xénero.
Elisa Crego considera que “non melloramos nada nos últimos anos”.
A concelleira popular cre que con manifestos e campañas puntuais non se resolve o problema.
O GMP afirmou hoxe, a través da súa concelleira Elisa Crego, que fan falla máis medidas para frenar e erradicar a violencia de xénero. Elisa Crego anunciou a presentacion dunha moción nese sentido, porque os populares consideran que se deben aumentar os xulgados específicos na materia para axilizar as actuacións xudiciais; Crego considera que esa medida, xunto co incrementos de recursos humanos e materiais para axudar ás mulleres amenazadas e facer un seguimento asfixiante dos violentos, pode contribuir a minorar os efectos da violencia de xénero.
Elisa Crego considera que os casos non van a menos, co que pón en tela de xuizo a efectividade da lei, que leva en vigor máis de catro anos. Ademais, Crego considera que as mulleres maltratadas tardan entre seis e oito meses en cobrar as prestacións económicas públicas, e tardan igual media de tempo en ser inscritas como demandantes de emprego preferentes pola súa condición de maltratadas. Crego asegura con rotundidade que “eso non pode permitirse, porque é un tempo esaxerado”.
Os populares, asegura Crego, non ven mal os manifestos e as campañas publicitarias, pero eso nin chega nin resolvoe o asunto, e ás veces convírtense en meros actos propagandísticos dos políticos de turno. Por eso o PP presenta esta moción, que plantexa medidas concretas. Crego afirma que erradicar a violencia de xénero levará o seu tempo, pero máis levará se nos limitamos ós manifestos e ás campañas publicitarias e non adoptamos soluciòns contundentes e inmediatas que impliquen aumento de recursos e da súa efectividade.
As medidas que o PP pide que se adopten son as seguintes:
1.- Instar á Xunta de Galicia a
• Elaborar un protocolo de actuación específico cos medios de comunicación públicos e privados a fin de realizar campañas publicitarias e informativas, así como programas documentais centrados na prevención e sensibilización da poboación infantil, xuvenil e adulta.
• Poñer en marcha convenios de actuación con outras administración públicas para garantir a difusión das campañas de sensibilización entre os centros dependentes da Administración Local, Administración de Xustiza, e entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local.
• Que faga cumplir o acordo unánime do Parlamento de Galicia para que dote de xulgados específicos de violencia de xénero a Lugo, Ourense e Ferrol, que quedaron excluidos do proxecto anunciado polo Ministerio de Xustiza, no que se anunciou a creación de dúas novas unidades exclusivas en Santiago e Pontevedra.
• Elaborar un Plano Exclusivo e Integral de Loita contra da Violencia de Xénero.
• Abone as prestacións económicas que correspondan ás víctimas nun tempo máximo de tres meses.
• Reducir o tempo de incorporación das víctimas ás listas de demandantes de emprego preferentes a tres meses.
2.- Instar ó Goberno a que adique os recursos económicos necesarios e imprescindibles para o pleno desenvolvemento e execución da Lei Integral de Medidas de Protección Integral contra da Violencia de Xénero.
• Instar ó Goberno a que incremente o número de policías adicados exclusivamente á protección da muller víctima da violencia de xénero, incidindo especialmente en que estean formados para estas tarefas e na comunicación directa, permanente e personalizada coas víctimas reais ou potenciais.
• Instar ó Goberno a que incremente o número de xulgados especializados en violencia de xénero, dotándoos dos medios materiais e humanos necesarios para garantir o seu efectivo funcionamento.
• Instar ó Goberno a que despregue en todo o territorio nacional as Oficinas de Atencion ás Víctimas, e facer efectiva a asistencia letrada inmediata.
• Instar ó Goberno a que revise o procedemento informático da valoración de risco para víctimas de violencia de xénero co fin de que sexa máis efectivo, homoxéneo e axude a diminuir o número de víctimas mortais.
• Instar ó Goberno a que no marco da Lei Integral de Protección da Violencia de Xénero insira os planos de protección personalizados para as víctimas de violencia de xénero.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



