Nota de Prensa
OS POPULARES DA MARIÑA DENUNCIAN QUE A DEPUTACIÓN ESQUECE AS VÍAS PROVINCIAIS DA COMARCA
* Aseguran que no Plano de Conservación só se prevé actuar en 108 dos preto de 800 Kms de estradas de competencia provincial
* Afirman que A Mariña conta pouco no proceso de transferencias de estradas Xunta-Deputación
Burela, 24 de novembro de 2008.- Os deputados provinciais do PP pola Mariña José María González Barcia, José Manuel Yanes Ginzo e Guillermo Leal Arias, xunto con alcaldes e voceiros municipais populares, denunciaron hoxe en Burela o trato que a Deputación está a ter coa comarca. Así, segundo indicaron, a administración provincial esquécese durante o inverno do mantemento da rede viaria que é da súa competencia nestes concellos e por riba non prevé levar a cabo ningunha actuación relevante para mellorar as súas condicións de vialidade.
Os populares denunciaron que o Plano de Conservacion da Rede Viaria Provincial elaborado polo bigoberno provincial, ademais de chegar tarde, xa que tiña que estar licitado e adxudicado polo verán; chega mal, porque abarca moi poucos quilómetros de estradas no que se refire a actuacións programadas, e chega arrastro, porque prima o rego asfáltico sobre o aglomerado en quente ou en frío.
Por elo, afirman que as críticas que no seu día fixo o PSOE vólvense agora contra deles, por seren incapaces de xestionar os recursos da Deputación cun criterio axeitado.
Os deputados provinciais indicaron que as actuacións que están proxectado realizar nas vías provincias da comarca ó amparo do Plano de Conservación resultan desoladoras. Os datos así o constatan:
Total de kilómetros da rede viaria provincial na Mariña.- 799’699 km
Total de kilómetros sobre os que se prevén actuacións programadas.- 108’971.
Tanto por cento sobre o total da rede viaria provincial na comarca.- 13’62%
Actuación con trartamento simple (gravilla con ECR-3).- 47’686 km, que representan o 5’96% do total da rede viaria provincial na comarca.
Actuación con doble tratamento (gravilla con ECR-3), 35’587, o que representa o 4’45% do total da rede viaria provincial na comarca.
Rexeneracion do firme. (gravillon, gravilla e ECR-2), 22’038 km, o que representa o 2’76% do total da rede viaria provincial na comarca.
Saneo da plataforma (zahorra, grava, gravilla e ECR3) 2’300 km, o que representa o 0’3% da rede viaria provincial na comarca.
Reforzo do firme con aglomerado en quente.- 1’360 km. O que representa o 0’17% da rede viaria provincial na comarca.
Actuacion sobre cunetas.- 121’245 km, o que representa o 15’16% da rede viaria provinvial na comarca.
Os populares lembran que o presuposto de execución por contrata para este plan de conservación no conxunto da comarca é de 2.450.210€, e nel están incluidas as actuacións programadas, que son claramente insuficientes.
Estas actuacións realizábanse, co anterior equipo de goberno, con proxectos separados, que eran infinitamente máis numerosos que as que se programan agora. Así, por exemplo, a rexeneración da estrada Burela-San Cibrao, no seu tramo burelés, de 2,5 KM., costou 250.000’00€, a décima parte do que o actual Goberno provincial van investir en toda a Mariña.
Sen ir máis lonxe, en Mondoñedo actuarase unha única estrada, a dos Remedios a Romariz; en Riotorto, noutra, a de Santo Tomé a Mazo, curiosamente en 850 metros ó seu paso polo termo municipal de Riotorto; e en Barreiros en ningunha, ó igual que en Ribadeo.
No caso de Barreiros, hai que lembrar que está igual que estaba o novo vial de comunicación paralelo á vía de FEVE, e que xa tiña un tramo adxudicado.
ACTUACIÓNS EN TRAMOS CORTOS.-
Ademais, o que antes criticaban, actuar en tramos cortos, volven a facelo agora. Así, na estrada San Cibrao-Burela, actuarase con aglomerado en quente nun tramo de 460 metros, dende o pk 1’040 ó pk 1’500.
No concello de O Vicedo, farase nun tramo que tén 400 metros, con rego asfáltico ECR-3, na estrada de Vicedo á Cruz da Pardiñeira e o tramo de aglomerado en quente na estrada San Cibrao-Burela é o único que vén programado con tal material.
Hai máis cousas que chaman a atención, ó entender dos respresentantes populares. Destacan, por exemplo, que se fan distintas actuacións na mesma estrada, pero de xeito contiguo.
Así, na estrada de Cadramón a Pereiros, nos concellos de Alfoz e O Valadouro, faise un tramo de 1.300 metros con doble tratamento de rego asfáltico, e inmediatamente a continuación fanse 400 metros con tratamento simple. Por qué non facer os dous tramos con doble tratamiento, preguntanse dende o PP.
Na estrada de Alfoz, de Rúa Oirás a Pereiro, faise un tramo de 1.300 metros e outro de 80 metros, e no medio queda un tramo sen tocarlle de 270 metros. Por que non abordala na súa integridade, pregúntanse os populares.
Ó entender dos representantes do PP na comarca da Mariña e en base ós datos esgrimidos, estes proxectos non están ben redactados.
Salientan asemesmo que a rede viaria da Deputación está descuidada, porque pasou un ano sen que se lle tocara. Indicaron a este respecto que o último programa de conservación foi adxudicado polo anterior equipo na primavera de 2007, hai máis de ano e medio, o que constata a despreocupación do bigoberno da Deputación pola conservación e mellora destas infraestructuras.
DATOS ADXUNTOS Plano de Conservacion da Rede Viaria Provincial na Mariña
ZONA.- 01
Concellos.- VICEDO, VIVEIRO, XOVE, BURELA, CERVO E OUROL.
TOTAL DE KILÓMETROS DA ZONA INCLUIDOS NO PROXECTO.- 287’452
TOTAL DE KILÓMETROS SOBRE OS QUE SE ACTUARÁ.- 52’035
TANTO POR CENTO DA REDE VIARIA SOBRE A QUE SE ACTÚA.- 18’12%
ACTUACIÓN CON TRATAMENTO SIMPLE.- 31’235 km
ACTUACIÓN CON DOBLE TRATAMENTO.- 11’540 km
REXENERACIÓN DO FIRME.- 8’500 km
REFORZO DO FIRME M. B. C..- 0’460 km
SANEO DE PLATAFORMA.- 0’300 km
TOTAL KILÓMETROS NOS QUE SE REABREN CUNETAS, 52’035, QUE É O 18’12% DO TOTAL.
ZONA.- 02
Concellos.- O VALADOURO, FOZ, ALFOZ, BARREIROS, LOURENZÁ, RIBADEO E TRABADA.
TOTAL DE KILÓMETROS DA ZONA INCLUIDOS NO PROXECTO.- 187’890
TOTAL DE KILÓMETROS SOBRE OS QUE SE ACTUARÁ.- 28’237
TANTO POR CENTO DA REDE VIARIA SOBRE A QUE SE ACTÚA.- 15’03%
ACTUACIÓN CON TRATAMENTO SIMPLE.- 8’901 km
ACTUACIÓN CON DOBLE TRATAMENTO.- 9’997 km
REXENERACIÓN DO FIRME.- 7’839 km
REFORZO DO FIRME M. B. C..- 0’500 km
SANEO DE PLATAFORMA.- 1’000 km
TOTAL DE KMS NOS QUE SE REABREN CUNETAS.- 28’237 KM, 15’03% DO TOTAL DA REDE NA ZONA.
ZONA.- 03
Concellos.- MONDOÑEDO, ABADÍN, A PONTENOVA, RIOTORTO E A PASTORIZA.
TOTAL DE KILÓMETROS DA ZONA.- 324’357
TOTAL DE KILÓMETROS SOBRE OS QUE SE ACTUARÁ.- 28’699
TANTO POR CENTO DA REDE VIARIA SOBRE A QUE SE ACTÚA.- 8’94%
ACTUACIÓN CON TRATAMENTO SIMPLE.- 7’550 km
ACTUACIÓN CON DOBLE TRATAMENTO.- 14’050 km
REXENERACIÓN DO FIRME.- 5’699 km
REFORZO DO FIRME M. B. C..- 0’400 km
SANEO DE PLATAFORMA.- 1’000 km
TOTAL KILÓMETROS NOS QUE SE REABREN CUNETAS.- 40’973, 12’63% DO TOTAL.






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



