RIBADEO .- A Concellaría da Muller de Ribadeo desenvolverá diversas actividades neste mes, en decembro e tamén en abril dentro da IV edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade organizada con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero. A responsable deste departamento Mariluz Álvarez Lastra dixo que por “cuarto ano consecutivo poñemos en marcha esta campaña de sensibilización para traballar cos máis pequenos xa que pensamos que a intervención con accións que promovan valores igualitarios e coeducativos deben darse desde Idades temperás”. A edil nacionalista agradeceu a participación de todos os centros de ensino de Ribadeo en dita campaña: Gregorio Sanz, Sagrado Corazón, Dionisio Gamallo Fierros e Porta da Auga.
A vindeira semana, o mércores 26 e o xoves 27, haberá obradoiros de coeducación impartidos por Andamiaxe nos que se abordarán aspectos coma os oficios e tarefas, a corresponsabilidade ou a violencia de xénero, entre outros. Neles participarán rapaces de 2º de infantil, 3º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.
E para o venres 28 de novembro está previsto un encontro lúdico-festivo da mocidade contra a violencia de xénero, no pavillón do Gregorio Sanz a partires das 7 da tarde e destiñado a rapaces a partires de 12 anos. Trátase dun concerto no que participarán membros dos grupos: Amigos de lo Ajeno, Skala Drinker, Medio Gramo, Beatle Judges, Sempre se Fixo, Operación Punk e Sinestesia “eles van facer versións de temas que abordan a problemática da violencia de xénero. E os estudantes que participen no encontro irán con símbolos identificativos coa loita pola eliminación da violencia exercida hacia ás mulleres. É unha das novidades que preparamos este ano”, explica Mariluz Álvarez Lastra. A entrada é libre e gratuita. Ese día pola tarde no mesmo centro haberá un obradoiro de bebidas saudables que impartirá persoal da Escola de Hostelería de Foz.
Os días 17 e 18 de decembro vánse impartir obradoiros de sexualidade e afectividade dirixidos ao estudantado de 3º da ESO do IES Dionioso Gamallo Fierros, Sagrado Corazón e Porta da Auga. E no mes de abril de 2009 os alumnos de 4º da ESO visitarán as instalacións do centro Quérote de Burela onte recibirán a II parte deste obradoiro de sexualidade e afectividade.
Xa finalmente tamén na primaveira desenvolveránse as I Xornadas A mocidade a debate. Os alumnos de 4º da ESO, Bacharelato e ciclos realizarán traballos que versen sobre diferentes temáticas relativas á participación da mocidade, as drogas, a igualdade entre homes e mulleres… poderán facer unha reportaxe ou documental no formato que eles entendan que transmite mellor o que queren expresar. Antes do 19 de decembro terán que comunicarlle ao CIM que persoas compoñen o grupo de traballo e a temática na que van traballar. Os mellores relatos seleccionaranse para participar nesas xornadas nas que terán que facer unha exposición pública ante persoas especializadas no tema.
Esta campaña Un futuro por compartir en igualdade está organizada pola Concellaría da Muller de Ribadeo, a través do CIM, da OMIX e da Oficina de Prevención de Drogodependencias. A campaña está integrada no proxecto Un Ribadeo sen violencia e en igualdade. “É un programa experimental e innovador que conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Igualdade que nos concedeu unha subvención de 7.000 euros aos que hai que unir os 2.000 que pon o Concello para afrontar os gastos dos obradoiros, das actividades que organizamos ao longo destes días”, engade a edil da Muller, Mariluz Álvarez Lastra.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



