A central ten convocadas 14 mobilizacións e os actos centrais serán a ofrenda floral e a manifestación en Ferrol
Ferrol, 9 de marzo de 2026. A CIG fai un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos. O sindicato nacionalista ten convocadas un total de 14 mobilizacións por todo o país, aínda que os actos centrais do día terán lugar en Ferrol.
HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS DA CIG NESTE 10 DE MARZO
Ferrol (actos centrais): ás 11:30h, ofrenda floral no monumento ao 10 de Marzo coa intervención do secretario xeral, Paulo Carril. Ás 20h, manifestación con saída do local da CIG en Esteiro e remate no Cantón.
A Coruña: ás 20h, manifestación dende Praza de Vigo.
As Pontes: ás 20h, concentración, na Praza de América.
Carballo: ás 19h, concentración na Praza do Concello.
Cee: ás 20h, concentración na Praza 8 de Marzo.
Compostela: ás 19:30h, manifestación dende a Praza Roxa.
Lugo: ás 20h, manifestación con saída do local sindical (Ronda da Muralla, 58).
Monforte: ás 20h, concentración na Praza de España.
Ourense: ás 19h, manifestación dende a Casa Sindical (Parque de San Lázaro).
O Barco: ás 19:30h, concentración na Praza do Concello.
Pontevedra: ás 19:30h, manifestación, con saída da Praza da Peregrina.
Vigo: ás 19h, manifestación desde A Doblada.
Vilagarcía: ás 19:30h, concentración na Praza de Galiza.
Viveiro: ás 19h, concentración na Praza Fonte Nova.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



