Nota de Prensa
NEVES CANDO TILDA DE CARROÑERÍA POLÍTICA AS ACUSACIÓNS VEQUIDAS POLOS POPULARES SOBRE A PERDA DUNHA SUBVENCIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
Burela, 11 de novembro de 2008. A delegada de Igualdade, Neves Cando, asegura que lle <resulta extraño que o PP se entere agora desta subvención que nos foi comunicada no mes de agosto. Parece que o grupo do PP non traballa moito porque ten retrasados os deberes ou é que queren aproveitar que estamos no mes de novembro onde todo mundo se une arredor do día 25 para proclamar o noso rexeitamento contra a violencia machista para facer deste tema un tema de carroñería política porque non teñen nada mellor que aportar>.
A edil nacionalista sinala que <Elisa Crego e o PP descoñen o contido da subvención e a proposta feita polo Concello para solicitala, porque nunca nada preguntou nin se interesou por este tema. Desde a delegación de Igualdade presentóuse un programa de xornada informativas nos centros de ensino porque cremos que o primeiro paso é actuar coa mocidade para previr no futuro comportamentos que deriven na violencia de xénero. Este programa váise levar a cabo porque xa estaba previsto para novembro e a non concesión da subvención pedida por importe de 3.000 euros non vai supoñer que non se realice. É máis esta actuación váise ver implementada coa colaboración do centro Quérote de Burela. Cremos que xogar coa violencia de xénero por non concedernos unha subvención é dunha carroñería política que non nos estrana por parte do PP, porque é o único que sabe facer últimamente>.
Segundo plan de igualdade
A Neves Cando parécelle estrano que Elisa Crego diga que <eu non son capaz de definir as liñas políticas nesta materia, cando ela que coñece de primeira man as liñas de actuación que plantexamos no segundo plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres que acabamos de aprobar por unanimidade no pleno de outubro. Lémbrolle que unha liña de actuación deste segundo plan é o abordaxe integral da violencia de xénero co obxectivo de previr e abordar esta problemática desde as súas distintas causas, tipoloxías, manifestacións e consecuencias así como garantir a asistencia e a protección das víctimas con actuacións de carácter integral; que ten obxectivos específicos como a sensibilización e concienciación sobor deste asunto e con actuacións en materia de difusión dos recursos con obradoiros para a mocidade e procesos de formación e actualización para os distintos colectivos profesionais implicados na erradicación da violencia de xénero>. A delegada de Igualdade engade que <cando presentamos este segundo plan aos grupos políticos da Corporación de Burela a Sra. Crego nada aportou neste apartado de violencia de xénero ou ben porque non ten nada que dicir ou porque estaba totalmente de acordo coas liñas de actuación que alí se presentaron por certo perfectamente definidas e que o PP votou a favor>.
O PP perdeu subvencións importantes
Neves Cando considera que <non é o PP o máis indicado para falar da perda de subvencións porque aí eles gañan por goleada. So hai que lembrar cando gobernaban e perderon casi 200.000 euros dunha subvención da Consellería de Industria para mellorar o primeiro tramo da rúa Eijo Garay que despois tivemos que pagar os veciños e veciñas de Burela porque non foron capaces de facer o seu traballo cobrando como cobraban daquela cinco persoas 120.000 euros ao ano por traballar por Burela>.
A concelleira nacionalista di que <o PP non ten crédito para falar de todo isto porque non foi capaz de desenvolver unha soa lei nesta materia nos anos que estivo na Xunta nin de asignar recursos económicos para as víctimas da violencia de xénero. Ou é que non había víctimas ou é que non lles importaban moito. Agora dígolle a Elisa Crego que desde o goberno galego se están a realizar programas de axuda psicolóxica para as víctimas, están en marcha os programas Rodela e Clara. O ano pasado concedéronse 320 axudas ás víctimas por importe de máis de 2 millóns de euros e outras 57 axudas de protección integral por 300.000 euros. Si esto é o escaso grao de implicación do BNG coa violencia de xénero ¿qué fixo o PP?>.
Neves Cando pídelle aos populares que <deixen de utilizar a violencia de xénero para facer carreira política porque iso demostra que non teñen a talla moral necesaria para actuar coma dignos representantes do pobo de Burela>.


















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



