RIBADEO .- O Centro de Información á Muller de Ribadeo organiza unha viaxe a Allariz os días 29 e 30 de novembro que inclúe unha visita ás termas da Chabasqueira en Ourense, segundo anunciou hoxe a concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra. A edil nacionalista informa que “o prazo de preinscripción para apuntarse será do 20 ao 26 de novembro de oito e media da mañá a tres da tarde nos locais do CIM ou chamando por teléfono ao 982 120 739”. En total ofértanse 50 prazas “das que o 60% destínanse aos veciños da vila de Ribadeo e o 40% para os do medio rural, o cal non quere dicir que si despois hai prazas que non se ocupan duns ou doutros que non poida haber un transvase de persoas. O prezo da viaxe, que inclúe as comidas, a estancia e as entradas aos centros que alí visitemos é de 60 euros que haberá que pagar no momento de inscribirse”, engade Álvarez Lastra.
Ribadeo Muller
Desta actividade informa tamén o 5º boletín Ribadeo Muller que estes días se está a repartir entre as mulleres do municipio. Neste número, segundo conta a concelleira da Muller, “adícase un artigo ao deporte feminino no que se fala do fútbol sala, do atletismo… trátase dunha posta en valor dos deportes nos que participan as mulleres do noso concello. Seguimos con seccións permanentes coma a asesoría xurídica que nesta ocasión se ocupa do fondo de garantía do pagamento dos alimentos. Tamén se da información sobre os bonos de axuda para a asistencia ás ludotecas con detalles de como teñen que facer as interesadas, das persoas que poden adquirilos”. Mariluz Álvarez Lastra di que “este boletín informativo recolle tanto as temáticas sociais nas que traballa o Concello de Ribadeo coma as actividades realizadas nos últimos meses e as previstas para os vindeiros días, coma esta viaxe a Allariz”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



