RIBADEO .- O Concello de Ribadeo pon en marcha de xeito experimental un servizo de podoloxía a domicilio para persoas maiores dependentes “coa intención de atender as doenzas tan propias desas idades”, segundo explica o alcalde, Fernando Suárez. A partires de hoxe ” informamos aos potenciais usuarios que si alguén desexa contar con este servizo só ten que dirixirse aos Servizos Sociais do noso Concello ubicados no Auditorio Municiapal ou chamando por teléfono ao 982 120 808″ engade o rexedor. Suárez Barcia di que “esta primeira remesa de posibles usuarios deste servizo innovador e pioneiro na zona faráse de xeito totalmente gratuito e despois dependerá do número de demandantes. O que tentaremos será facela unha ou dous veces ao ano”. Pola súa banda o responsable dos Servizos Sociais, José Luis Gegunde, lembra que “se trata dun servizo que non é barato, ainda que nós este ano imos facer un esforzo económico para prestalo de xeito gratuito. Chegaremos a un número importante de domicilios porque fixemos un primeiro sondeo entre os usuarios da axuda no fogar e están todos encantados con esta posibilidade”.
O Concello tamén organizará un curso de formación para coidadores de persoas maiores dependentes, segundo anunciaba tamén nesta xornada o alcalde, Fernando Suárez que dixo que”está destiñado a todos aqueles que cuidan nos seus domicilios dos seus pais, dos seus ascendentes e que se atopan con dificultades á hora de poder movelos. Será un fisioterapeuta o que dará pautas de cómo se debe tratar e mover a esta xente maior. Eso tamén está un pouco a expensas do nº de demandantes que poida ter. Tamén neste caso os interesados deben poñerse en contacto cos nosos Servizos Sociais”.
José Luis Gegunde sinala que “eses familiares non nos contan directamente as dificultades coas que se atopan senón que lles escoita dicir que teñen problemas para mover a estas persoas dependentes, para bañalas… víamos claramente que demandaban algo neste sentido. Esas pautas que recibirán implicarán máis comodidade para os coidadores e máis benestar para os dependentes”.
Ribadeo: un referente
Fernando Suárez engade que “Ribadeo é un referente desde hai tempo na prestación de servizos sociais. Uns foron ampliándose ou mellorándose desde que chegamos ao Concello e outros foron creándose neste ano e medio. Por exemplo en axuda a domicilio contamos con 10 profesionais que duplican ás que estaban prestando o servizo hai dezaoito meses, o que implica un incremento no número de domicilios atendidos e que ronda na actualidade os 90”. En Ribadeo hai ademáis 200 persoas que disfrutan do servizo de teleasistencia domiciliaria; as prazas do centro de día que xestionan a Xunta e o Concello están prácticamente cubertas a hai 40 usuarios que empregan o servizo de Xantar sobre rodas que comenzou a funcionar hai uns meses. O rexedor lembra que “hai uns días aprobamos un regulamento de réxime interno para o Hospital Asilo que mellorará a xestión e o servizo que se presta aos residentes nesas instalacións”.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



