RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convoca xunta de voceiros para o 7 de xaneiro coa intención de buscar unha saida dialogada e positiva para os afectados polo plan sectorial de vivenda da Xunta e para os intereses xerais do concello. O rexedor agarda que nese encontro “poidamos adoptar pasos para dialogar coa Consellería de Vivenda porque debemos dicir que este plan ten moitos aspectos positivos aínda que quizáis non estea ben explicado o que ocasiona que moitas veces moita xente se disguste porque entenderon cousas que non son así”. Fernando Suárez engade que “eu tampouco quero coartar ningún dereito de ningún veciño a expresarse, a alegar, a dicir o que teña a ben dicir… a min eso paréceme correcto e eu coma alcalde tamén teño que defender esas posicións. Polo tanto agardo que nesa xunta de voceiros entre todos, como ocorre sempre que nos enfrontamos a grandes retos aquí no Concello, sexamos capaces de buscar unha saida dialogada e positiva para os afectados e sobre todo positiva para os intereses xerais do Concello de Ribadeo”. O alcalde considera que “sería un grave erro desaproveitar as posibilidades de creación de vivenda a través deste plan supramunicipal de vivenda que plantexa a Consellería do ramo”.
Ponte de diálogo
Suárez Barcia di ser “consciente do certo rexeitamento que dito plan está a ocasionar entre os propietarios das bolsas de solo afectadas no casco vello. Son consciente porque me reunín con eles e non teño ningún problema en reunirme con ninguén… e expreséilles a miña intención de servir de ponte de diálogo entre a Consellería de Vivenda e os afectados. Son consciente tamén de que os partidos da oposición queren rexeitar este plantexamento e eu coma alcalde de Ribadeo e sempre tendo coma norte o interés público tampouco quero deixar desprotexidos ás minorías e aos propietarios destas bolsas de solo. Por eso para dar pasos en positivo que beneficien a todas as partes e salvagardando o interés xeral é boa cousa convocar esa xunta de voceiros para o 7 de xaneiro”.
O rexedor lembra que “hai uns días eu coma alcalde fixen unha alegación para que tiveran en conta por parte da Consellería de Vivenda, que é quen promove dito plan, e se delimitasen pormenorizadamente os límites das parcelas dos afectados, que as actuacións que realizaran non tiveran un impacto paisaxístico nin tipolóxico negativo e deixabamos aberta a porta para que tamén… e dado que o plan en sí é importante polo que conleva a creación de vivenda protexida que non de vivenda social no que o 90% dos galegos e das galegas e dos veciños de Ribadeo poden ter acceso a este tipo de vivenda de calidade e a propia Consellería a parte de promover a construcción desta vivenda o que fai é xenerar unha creación de trama urbana de cidade moi importante nun momento de crise económica coma o actual e que será aínda peor para o ano que ven”



















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



