Nota de Prensa
O BNG CONSIDERA QUE O PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS APROBADO HOXE EN PLENO NON RESPONDE ÁS NECESIDADES REAIS DO CONCELLO DE BARREIROS.
Barreiros, 2 de decembro de 2008. O voceiro do BNG, Antonio Veiga, di que <o tema do persoal en Barreiros hai moitos anos que está sumido en continuas irregularidades. Nós en máis dunha ocasión así o fixemos constar porque o modelo de contratación que había era con cantidade de xente contratada a dedo e o que hoxe se nos presentou para aprobación baixo o nome de plan de ordenación dos recursos humanos entendemos que non é a elaboración dunha plantilla de persoal onde se teñan en conta as necesidades de cada un dos servizos do Concello. Eso é o que nos interesa e o que lles interesa aos veciños de Barreiros é que exista un cadro de persoal que resposte ás necesidades de cada servizo para dar dito servizo coa maior rapidez, eficacia e eficiencia posibles e desde logo que non é así>.
Veiga Outeiro engade que <simplemente o que se nos presenta é unha proposta para funcionarizar a 21 traballadores e facer fixos a 35 laborais que en moitos casos eran eventuais. Sin ter nada en contra de que se melloren as condicións laborais dos traballadores, nada máis lonxe, a reflexión que facemos é que o Concello con este plan vai seguir funcionando igual, non se vai mellorar en nada e ademáis a oferta de emprego pública sacará as prazas dos que se van facer funcionarios mediante concurso oposición. Nin siquera se vai crear a praza de interventor tan necesaria para o Concello de Barreiros e á que ten dereito por pasar desde hai anos dos 3 millóns de euros de orzamento municipal>.
Informe desfavorable de intervención
O voceiro nacionalista entende que <se quere dar carpetazo ás irregularidades que houbo durante moitos anos facendo laboral a todo ese persoal que merece todos os nosos respectos, pero para nada resposta esta ordenación dos recursos humanos ás necesidades reais do Concello>. Antonio Veiga engade que <unha vez máis este procedimento está metido en conflictos legais. Este plan e o cadro de persoal contan con informe desfavorable de secretaría-intervención. Nós entendemos que, tal e como se di aí, si hai unha modificación do cadro de persoal ten que haber unha modificación dos orzamentos que foron aprobados hai un mes. É sospeitoso e sintomático que unha vez máis se emita un informe desfavorable de intervención e que ainda a pesares diso non se deixe o asunto enriba da mesa, en espera de que eso que están advertindo sexa correxido. Máis do mesmo no Concello de Barreiros>.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



