NOTA DE PRENSA:
O PP quere saber como se van facer as expropiacións que quere levar a cabo a Consellería de Vivenda en Foxo.
Diego Calvo e Jaime Castiñeira denuncian ausencia de transparencia e desprecio hacia os veciños.
González Barcia afirma que o PXOM queda totalmente condicionado.
O PP, a través do seu portavoz parlamentario de Vivenda, Diego Calvo, do parlamentario por Lugo Jaime Castiñeira, e do portavoz en Burela José María González Barcia, xunto con concelleiros e membros do comité local, manifestaron hoxe, nunha rolda de prensa celebrada antes de manter unha reunión cos propietarios de Foxo afectados polo Plano Sectorial Galego de Solo Residencial, que a Consellería de Vivenda, en mans do BNG, tén que aclarar como se van facer as expropiacións dos máis de 53.000 m2 de superficie afectados en Burela, e que valoracións se fixeron para fixar o prezo como o fixaron.
Diego Calvo e Jaime Castiñeira afirmaron que a preocupación da Consellería pola vivenda nestes tres últimos anos foi igual a cero. Calvo e Castiñeira consideran, en referencia ó Plano Sectorial, que a claridade e a transparencia son principios que teñen que rexir a vida política, e neste caso non hai claridade, nin por parte da Xunta nin por parte do concello, nin tampouco hai transparencia.
Para os parlamentarios populares, a Xunta debería terse posto en contacto cos propietarios afectados antes de comenzar todo o proceso, e non actuar totalmente de costas ós afectados. Tanto é así, que os afectados vense agora que os prazos que restan son mui limitados, co que se restrinxe enormemente o dereito dos mesmos a alegar, se o consideran preciso. Calvo e Castiñeira van máis alá, e consideran que a Xunta debería ter remitido o Plano ós afectados, para que estes estiveran debidamente informados.
Calvo e Castiñeira consideran que debe explicarse como e por que se escolleron eses terreos; que procesos se van levar a cabo no trámite expropiatorio, e que pasos vai dar a Xunta en tal sentido. Os populares aseguraron que o PP non se opón á vivenda protexida, pero a necesidade de tal tipo de vivenda non xustifica que a Xunta actúe de tal xeito, conculcando dereitos fundamentais e constitucionais para calquera cidadán.
Os parlamentarios populares consideran que este anuncio é froito da incapacidade da conselleira e do seu equipo, como se vé mesmo en Burela coas vivendas do Torno, e a ausencia de cesión da finca de Torrentes á Xunta para vivendas protexidas. Tampouco deixaron de lembrar que hai tres anos Galicia era unha das tres CCAA coma vivenda máis barata e agora é unha das tres onde mais medra o prezo. Ademais, un mozo galego tén que adicar hoxe un 69% máis do seu salario a pagar unha hipoteca ca en xuño de 2005.
Para o PP burelés, os cidadáns están asistindo a un enorme e singular pelotazo, porque a Xunta expropia a un prezo e logo poñerá a totalidade do suelo en mans de promotores privados a través de venta a un prezo mui superior, que á súa vez venderán o medio cento de vivendas libres a prezo non tasado, é decir, libre. Os afectados, segundo os populares, logo da expropiación, non terán ningún tipo de dereitos. Ademais, resulta chocante que a Xunta poida levantar para os seus intereses a afectación dos cincocentos metros, e que os propietarios actuales non poidan facelo.
Os populares de Burela, a través do seu portavoz, José María González Barcia, consideran que o alcalde e Nieves Cando teñen que dar explicacións de por que non comunicaron ós afectados, hasta finais de Novembro, que o Plano Sectorial de Foxo se publicaba no Diario Oficial de Galicia o día vintecatro de Outubro, co que os afectados tardaron alomenos un mes en ser coñecedores do que estaba pasando coas súas propiedades.
Ademais, para González Barcia non queda nada claro cal foi o papel que xogou o concello. Barcia considera que unha vez máis o alcalde, cando fala deste tema, a metade do que di é mentira e a outra metade non é verdade. Porque dixo que el se enterara nunha reunión que se celebrou en Lugo, dando a entender que Vivenda xa tiña tomada a decisión. Se eso é así, e de estar de acordo o concello, o alcalde como tal alcalde debería comunicarlle xa nese momento ós afectados a decisión da Xunta. Pero tamén dixo que esto era cousa do BNG, e que non ía con el, o que acaba por culpalo máis ainda. E se é ó revés, é decir, se el non está de acordo, o que tén que facer é decilo, e decilo oportunamente para que os afectados teñen información correcta e a tempo. Barcia foi máis alá, e dixo que de esto fose feito polo PP, agora habería un conflicto social e político de gran calado.
Para o PP de Burela, o asunto é de tal calado, que condiciona a elaboracion do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Burela. Por eso, Barcia considera que o alcalde tiña que ter reunido ós grupos políticos para falar de este asunto, e tamén ós veciños. Barcia estima que todo o que se faiga agora é tarde, e que tanto o alcalde coma Nieves Cando van a remolque, tentando acortar os prazos para que a xente reciba a menor información posible e así evitar alegacións. Igualmente, dixo que se o concello vai presentar alegacións, e debería, porque se conculca a autonomía municpal e a capacidade de decidir sobre a ordenación do territorio, tales alegacións deberían ser consensuadas polos tres grupos politicos, ainda que non vemos vontade de que esto vai ser realmente así.
González Barcia lembrou que as trinta e dúas vivendas do Torno, que xa están feitas desde máis de ano e medio, e que están sorteadas e adxudicadas, ainda non foron entregadas ós seus propietarios porque a Xunta é incapaz de negociar con ningún banco ou caixa o proceso de sinatura e subrogación da hipoteca correspondente, froito da deixadez e ausencia de traballo dunha consellería que se caracteriza polas “trabas” constantes que pón ós cidadáns.
En Burela, a catro de Decembro de dous mil oito.

















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



