| O paro increméntase na nosa comarca por riba da media provincial e moito por riba do rexistrado tan só fai un ano, afectando a todos os sectores produtivos (Ver cadros destrución de emprego xuntos) |
| BALSEIRO ACUSA AO SOLICIALISTA REGO DE NEGAR O DETERIRO REAL DO EMPREGO NA MARIÑA COMO ANTES INTENTARON OCULTAR A GRAVIDADE DA CRISE |
|
A Mariña,15 de xaneiro de 2009.- Segundo o deputado popular José Manuel Balseiro os socialistas pretenden negar hoxe o deterioro real do emprego na Mariña tal e como fixeron no pasado ocultando a crise. A estratexia seguida polo voceiro parlamentario socialista Ismael Rego que, no día de onte, falou dunha “especial resistencia” da nosa comarca respecto da destrución de empregos é similar as mentiras que no seu día protagonizou o Goberno socialista de Zapatero que se negaba a recoñecer a situación real de crise consciente de que a súa incapacidade para facela fronte podería carrexar dificultades no proceso electoral inmediato.
Balseiro emprazou a Rego a explicarlles aos máis de 3.621 parados que se contabilizan na nosa comarca a forma na que opera esta “especial resistencia do emprego na Mariña” e sinalou que o ritmo de destrución de postos de traballo está a acelerarse dun xeito alarmante. De feito que hoxe o paro na nosa comarca creza moito por riba da media provincial e que afecte a todos os sectores produtivos é síntoma inequívoco de que a enfermidade se está estendendo. “Difícil, resulta moi difícil que os que negan a crise do emprego poidan facer algo por solucionala”-conclúe Balseiro.
Por outra banda, José Manuel Balseiro reclama ao seu homólogo socialista “seriedade” e emprázalle a consultar a propia web da Consellería de Traballo onde aparece acreditado, a través das estatísticas oficiais, que os peores datos de emprego na nosa comunidade rexistráronse cos gobernos socialistas: Hoxe con Touriño e Zapatero e no 1993 con Felipe González. “Nunca antes en Galicia se han destruído tantos postos de traballo a este ritmo”- finaliza Balseiro.
| DESTRUCIÓN DE EMPREGOS DECEMBRO 2008 – NÚMERO DE PERSOAS VARIACION ANUAL | |||||
| Comarca | TOTAL | Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos |
| A MARIÑA CENTRAL | 129 | 4 | 13 | 12 | 2 |
| A MARIÑA OCCIDENTAL | 156 | 11 | 8 | 78 | 87 |
| A MARIÑA ORIENTAL | 205 | 8 | 24 | 61 | 115 |
| TOTAL | 490 | 23 | 45 | 151 | 204 |
| DATOS DESEMPREGO DECEMBRO 2008 – PORCENTAXE DE VARIACIÓN MENSUAL | |||||
| Comarca | TOTAL | Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos |
| A MARIÑA CENTRAL | 4,6 | 10,4 | 13,4 | 11,5 | 1,5 |
| A MARIÑA OCCIDENTAL | 6,5 | 15,0 | 18,2 | 20,5 | 3,6 |
| A MARIÑA ORIENTAL | 0,6 | 3,8 | 10,3 | 3,9 | -0,8 |
| TOTAL | 3,9 | 9,7 | 14,0 | 12,0 | 1,4 |
|
DATOS DESEMPREGO DECEMBRO 2008 – PORCENTAXE DE VARIACIÓN ANUAL |
|||||
| Comarca | TOTAL | Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos |
| A MARIÑA CENTRAL | 10,3 | 4,9 | 17,8 | 53,4 | 9,1 |
| A MARIÑA OCCIDENTAL | 12,2 | 13,6 | 9,6 | 79,6 | 10,3 |
| A MARIÑA ORIENTAL | 34,1 | 42,1 | 33,3 | 85,9 | 32,6 |
| TOTAL | 18,9 | 20,2 | 20,2 | 73,0 | 17,3 |




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



