O BNG MANTERÁ UNHA INTERLOCUCIÓN CONSTANTE CO MOVEMENTO ASOCIATIVO DA COMARCA DESDE AS ADMINISTRACIÓNS. ASÍ LLO CONTARON OS NACIONALISTAS ÁS ASOCIACIÓNS QUE ACUDIRON AO ENCONTRO DESENVOLVIDO ESTA TARDE EN BURELA.
Burela, 22 de xaneiro de 2009. O BNG da Mariña mantivo esta tarde un encontro con diferentes asociacións deportivas, culturais e doutro ámbito para analizar as actuacións realizadas desde a Xunta, desde a Deputación de Lugo e desde os concellos. O deputado autonómico e nº 3 da lista do BNG ás autonómicas, Manuel Parga, sinalou que “si falamos de que un dos obxectivos durante toda a lexislatura foron para o BNG as políticas de benestar social pois temos que enmarcar dentro desas políticas todas as actuacións que desenvolvemos coas asociacións no ámbito cultural e deportivo. O noso obxectivo foi axudar a todos os colectivos, sen ningún tipo de discriminación, a promover todas as súas actividades. Creo que aquí se deu un paso moi importante para que tivesen os recursos económicos necesarios para poder desenvolver as súas actividades deportivas, culturais…”.
Na xuntanza que se celebrou no Salón de Conferencias de Burela, Parga dixo que “un exemplo paradigmático do que pretende o BNG co movemento asociativo é fomentar a súa participación e a súa implicación na vida social, cultural e económica da comarca e un claro exemplo disto o temos na constitución dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que participan centos de asociacións da Mariña. Eles son os que van deseñar todos os programas de desenvolvemento que suporán un desembolso de 4.500.000 euros ao longo dos vindeiros anos. Tamén desde o Xacobeo se promoveron todo tipo de actividades nesta zona”.
Os responsables do BNG tamén comentaron cos asistentes a este encontro “as actuacións realizadas, as necesidades de melloras e as iniciativas que o noso programa electoral contempla para os vindeiros catro anos onde pretendemos consolidar o feito, aumentar si cabe as posibilidades de financiamento para as actividades de todas as asociacións e ter unha relación de colaboración e de cooperación con todas elas”. O deputado, Manuel Parga, engadiu que “a vida social e participativa para nós é un grande valor a estender e a desenvolver na nosa comarca”. Pola súa banda, o responsable da Área de Cultura e Deporte na Deputación, Antonio Veiga, recoñeceu que “na Mariña hai un tecido asociativo moi activo que ten moito que dicir. Nós queremos que ese movemento sexa aínda máis forte para así fortalecer a identidade cultural e nacional de Galiza”. Veiga Outeiro reseñou coma moi positiva a súa experiencia na Deputación “onde se recibiron o triple de solicitudes de axudas para a realización de actividades que hai dous ou tres anos, o que é moi positivo porque indica que as asociacións están a traballar”.

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



