Nota de Prensa
O BNG VALORA POSITIVAMENTE AS AXUDAS CONCEDIDAS AOS CONCELLOS MARIÑANOS POLAS SÚAS ÁREAS DE GOBERNO NA DEPUTACIÓN E OS CRITERIOS SEGUIDOS PARA ESTE REPARTO.
A Mariña, 17 de xaneiro de 2009. O Consello Comarcal do BNG, reunido hoxe, valora de xeito moi positivo as axudas concedidas por parte das áreas gobernadas polos nacionalistas na Deputación Provincial de Lugo aos concellos mariñanos e os criterios obxectivos coas que se distribuiron. Cultura concedeu no 2008 14 axudas por importe de 52.698 euros aos concellos da Mariña e Deportes distribuiu 49.199 euros nas 21 axudas que lle foron solicitadas desde esta comarca.
Xosé Ramón Ermida di que “o Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego valorou moi positivamente xa non só a cuantía das axudas que por parte das áreas gobernadas polos nacionalistas se achegaron aos diferentes concellos da comarca da Mariña e das que se da conta, senón que tamén valoramos de xeito moi positivo que as áreas de xestión en mans do BNG reparten as axudas públicas en base a criterios obxectivos”. O responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego insiste “e neso coincidimos o conxunto dos membros do Consello Comarcal do BNG da Mariña no feito de que por parte da Área de Cooperación cos Concellos en mans do PSOE o reparto de criterios se fai na raia da discrecionalidade. Nós pensamos que non pode haber obxectividade mentras siga habendo esa figura que son as agrupacións de veciños que non eran nin máis nin menos que os tres firmóns que Cacharro utilizou durante 24 anos para asentar o que foi o seu goberno na provincia de Lugo”.
Ermida engade que “nós non imos entrar a contestar ás excusas de mal pagador neste caso do portavoz do grupo socialista que é o Sr.Gato, senón que nós queremos situar o debate onde xa no seu momento o plantexamos de xeito unánime os membros do BNG da Mariña. O grupo socialista tennos que dicir si ten vontade de revisar os criterios de concesión de axudas para as comunidades de veciños e no caso de que esa non sexa a súa vontade e que queiran seguilo a facer pola vella desde logo que para eso que non conten co BNG”.
| AXUDAS CULTURA E DEPORTES A ERNTIDADES LOCAIS | ||
| ENTIDADES LOCAIS CULTURA | ||
| CONCELLO | SOL. 2008 | AXUDA |
| A PONTENOVA | 1 | 3.000 |
| ALFOZ | 1 | 3.000 |
| BARREIROS | 1 | 3.000 |
| BURELA | 1 | 3.000 |
| CERVO | 1 | 4.981,72 |
| FOZ | 2 | 7.203,00 |
| LOURENZA | 1 | 4.000 |
| MONDOÑEDO | 1 | 2.436,00 |
| OUROL | 1 | 3.113,57 |
| RIBADEO | 0 | 0 |
| RIOTORTO | 1 | 6.000 |
| TRABADA | 1 | 5.448,75 |
| VIVEIRO | 1 | 3.000 |
| XOVE | 1 | 4.514,68 |
| TOTAIS | 14 | 52.698 |
| ENTIDADES LOCAIS DEPORTES | ||
| ENTIDADES LOCAIS | ||
| CONCELLO | SOL. 2008 | AXUDA |
| A PONTENOVA | 2 | 4.781 |
| ALFOZ | 2 | 5.197,19 |
| BARREIROS | 2 | 5.235 |
| BURELA | 1 | 1.805,18 |
| CERVO | 1 | 2.149,02 |
| FOZ | 2 | 3.378,35 |
| LOURENZA | 1 | 2.422,10 |
| MONDOÑEDO | 2 | 4.074 |
| O VALADOURO | 2 | 5.149 |
| O VICEDO | 2 | 4.567 |
| MURAS | 1 | 3.000 |
| OUROL | 0 | 0 |
| RIBADEO | 1 | 2.435,56 |
| RIOTORTO | 1 | 3.000 |
| TRABADA | 0 | 0 |
| VIVEIRO | 0 | 0 |
| XOVE | 1 | 2.005,75 |
| TOTAL | 21 | 49.199 |




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



