O portavoz do PP en Burela, José María González Barcia, resposta a concelleira Remedios López
Nota de Prensa
ACLARANDO, QUE É XERUNDIO ( EN RESPOSTA ÁS MENTIRAS E ÓS INSULTOS DE REMEDIOS LÓPEZ).
Supoño que o lector ou ouvinte entenderá que debo contestar, ainda que só sexa por primeira e última vez, ó panfleto inmundo desa priviliexiada mente e mesiánica dama que nos iluminan desde hai ano e medio desde o concello; mesiánica dama, que nos regala os nosos oídos e ollos cunha carta na que ela mesma se descalifica, ainda que, eso sí, queda claro que as súas verbas non son precisamente exemplo de verdade irrefutable e a súa conducta tampouco é digna do premio á ética é a transparencia. Todo o contrario, as mentiras e os insultos son constantes no seu panfleto, como son habituais na súa propia práctica como concelleira, incapaz de artellar argumentos e pobrísima falando; mesmo dubido que a carta a teña escrita ela, porque cóstame crer que teña capacidade para tanto; pero eu non serei quen use os insultos, e non me dirixirei a ela coa linguaxe machista que emprega comigo, e que a desautoriza nun futuro, pero permítaseme mezclar a cruda realidade coa ironía.
Supoño tamén que semellante mente, e tal dama, quedarían satisfeitas e realizadas logo de perder un anaco do seu preciado tempo falando dun pobre can de palleiro. A liberación chegoulle a través da palabra, perdón, dos berridos (se non sabe que escribir con maiúsculas verba ou verbas polo medio dun texto equivale a decilas berrando, é o seu problema) que enchen un sucedáneo de aclaracions que ninguén lle pideu, e que só fan real, unha vez máis, o dito latino de “excusatio non petita, acusatio manifesta”: non ten veñas explicando, e remexendo o que xa cheira, que só provocas que cheire máis, pero que cheire hasta apestar. Resulta chocante que tal dama, que, polo que afirma, semella estar chamada a ser a María Pita de Burela, perda tal anaquiño de tempo en tan menospreciado animaliño. Co traballo que lle costa adicarse á cousa pública…, co que se sacrifica… Unha mágoa. Co implicada que está en lograr o obxectivo de creación de emprego…ó xeito socialista, eso sí.
Pero as mentiras hai que desmontalas. E hai que desmontalas con contundencia, para que quen as di sexa consecuente, quede desenmascarado e se esqueza de enganar ós vecinos e veciñas dun concello coma o de Burela, que, cando menos, non se merecen panfletos inmundos que retratan a quen os asina.
Polo que, para ir aclarando, comenzamos pola primeira. Minte cando fala das titulacións que podían aspirar á súa praza. A esa praza, á que optou esta concienzuda pero mendaz dama, só podían aspirar licenciados en Económicas, en Administración e Dirección de Empresas, ou, casualidade, diplomados en Empresariais, e ningunha outra, nin tan siquera os licenciados en Empresariais. Eu confío en que esta señora nos diga cal é a súa titulación. Casualidade? Nooooooon, as cousas fixéronse ben, pero que mui ben, tanto, que hasta pode que respostara pefectamente a todas e cada unha das preguntas da entrevista (eso sí, previo traballiño de dúas tardes, con dúas chegaría, indo a clases particulares, supoño). Pero ollo, que méritos coma ela ninguén, eh, ninguén, que non se diga…. Hai que ter moita cara para autoxustificar a súa propia nota. E falando do expediente da selección, terá que amosalo e explicalo o conselleiro de Traballo no Parlamento, e despois, xa veremos…
Por certo, esta mesiánica señora presume de ter dereitos… sí, a este paso só terá os que lle dá a constitución, que non llos nega ninguén; porque o dereito ó respecto persoal xa o tén perdido desde o outro día.
Segunda mentira, o tan cacareado escrito de renuncia á adicación parcial da susodita. En primeiro lugar, esta señora debería saber que os documentos que figuran nos rexistros de entrada e saída dun concello son públicos e como tales a eles pode ter acceso calquera persoa, transcribilos e previa autorización fotocopialos. E vén falando da protección de datos… Non é preciso que un concelleiro teña que pedir autorización escrita para ver e transcribir un documento do rexistro. Pero a nosa inefable dama debería deixar dunha vez por todas ós funcionarios en paz e non escudarse neles, que non son traballadores da súa empresa privada, senon profesionais sobre os que non se poden sementar dúbidas, como fai ; debería ter cuidado extremo en non meter polo medio ós funcionarios e/ou funcionarias, porque non sexa que esteñamos ante outro caso de chapuciña coma o escrito de Foxo (de Pepe Gotera e Otilio, vamos, sí, de dous alomenos…). En segundo lugar, a ética e a moralidade de tan resbaladiza dama é igual a cero: ela coñecía xa o día dezasete que fora admitida para a praza, día no que se asinou a acta (previa deliberación de cáseque dous días, dous días, non sexa o demo…) e no que se publicou no taboleiro de anuncios do concello. E di que presentou a renuncia o día vintetrés (non sei, non sei…). Por que motivos oculta que coñecía a resolución desde o dezasete? E non é tema menor, porque presenta a renuncia cando o asunto está xa na prensa…E ademais, se todo está ben, cal é o problema de que a oposición coñeza tal escrito? Esto non cheira ben…
Imos coa terceira mentira. As probas de selección de persoal do concello de Burela. Agora resulta que a nosa fantasiosa e olvidadiza dama non sabe que, en certas probas de selección, as respostas ós exames andiveron, previamente, por suposto, nas mans de certos aspirantes; tamén semella amnésica no que respecta ós métodos, nunca aclarados, de selección dun monitor do obradoiro de emprego; de súpeto entra na nebulosa sobre a súa presencia, ilegal, totalmente ilegal, en certas probas de selección. Tres casos, entre varios, que non se levaron ó xulgado por respecto ás persoas que acadaron as prazas, pero ollo, que algún ainda pode chegar…
En fin, rematando. Se non demite, alá a nosa egrexia dama. O que ocurrirá é que os traballadores e traballadoras do Concello se librarán dos xa coñecidos, por frecuentes, berridos desta insigne e sofisticada señora; tan coñecidos e frecuentes, que emite semellantes productos guturales mesmo diante da xente.
É unha mágoa que o concello de Burela perda semellante capacidade de raciocinio, altura de miras, axilidade mental e verbal, e adicación, agora que esta señora non estará no concello habitualmente polas mañás. Ainda que, como se lle notou no planfeto, as titulacións universitarias non supoñen nin cultura nin educación Mesmo podemos perder unha grande escritora…Hasta pode ser que os veciños e veciñas de Burela non saibamos valorar tan irreparable perda… Pero poderemos ir vela polas tardes ó concello, para que nos relate contiños, coma o do outro día… Vaites, vaites.
















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



