Esta semana que acaba hoxe comeza oficialmente, tamén nesta nordesía A Mariña unha nova era. O peor presidente da historia dos Estados Unidos de America: George W. Bush, deixa a Casa Branca. Deixa a presidencia co seu seu país en dúas guerras, nunha crise galopante e con moitas sombras de dúbida sobre o seu mandato.
Comeza o mandato de Barack Obama, o primeiro presidente de cor e probablemente a única persoa que apuntou un carisma suficiente como para destruír esa tendencia de inepcia que demostrou o anterior inquilino. Os seus primeiros pasos non defraudaron, claro que algúns pensaban que se achegaba unha revolución. Haberemos de esperar, tempo o tempo.
A pesar das esperas é un tempo bo para todos porque, a pesar das incertezas e a pouca experiencia de Obama, é difícil facelo peor que o Sr. Bush. E aínda solo por ese pesimismo solazado na historia xa hai que esperanzarse.
Sr. Bush vólvase á súa Texas adoptiva para repensar un mundo de bos e malos, de guerras e mortes, de Guantánamos e de Patriot acts, de armas de destrución masiva e de Abu Ghraibs. O mundo será outro sen vostede e, creo, que será moito mellor.
Nin os neoliberais, dispostos a deixar de selo por un tempo para recibir prebendas e subvencións do Estado ao que saquean e baleiran sistematicamente, nin os socialdemócratas que tan xenerosamente contribuíron a dotar de «rostro humano» ao monstro neocapitalista, nin a dereita vergonzosa, nin a esquerda mendicante, atopan solucións para a crise que eles mesmos provocaron e que todos, menos os seus sisudos economistas de nómina, viamos vir, rodeados de burbullas por tódalas partes, pompas de vida efémera, a deflagración da cal ía producir secuelas permanentes.
Non deron cunha solución pero inventaron un verbo baixo o que acubillar os seus desesperados intentos de atallar o galopante cataclismo financeiro e crediticio, a súa pirámide de naipes que ao derrubarse esmaga aos de abaixo e deixa arriba, aínda que menos arriba, aos que xa estaban alí. Entre uns e outros están dispostos a «refundar» o capitalismo, suponse que á nosa costa. Nos dicionarios non existe o verbo «refundar», este neoloxismo politicamente correcto para definir, redefinir, o indefinible, para poñerlle nome aos retallos, as chapuzas e os pastiches, aos remendos, tapuxos e parches que os magos das finanzas, señores dun universo improdutivo e parasito, tratan de urdir para salvar os papeis, eses papeis que durante un tempo fixeron pasar por diñeiro contante e sonoro nos seus mercados e chiringos financeiros.
Refundar o que se desfondóu ou refundir a escoura restante da cacharela das súas veleidades para reconstruír o seu inoperante armatoste, son puras quimeras, resabidos do neocapitalismo do século XX que se levantou sobre as ruínas do capitalismo salvaxe do XIX, aquel liberalismo de antano ao que queren regresar os neoliberais irredentos que aínda non baixaron do carro aínda que este se precipitara no abismo. Para Aznar e Esperanza Aguirre, por exemplo, a crise global non se produciu pola «excesiva desregularización» dos mercados financeiros como din os analistas, senón por todo o contrario. Demasiadas normas para controlar a rapiña e choriceo e dar a súa parte aos carroñeiros. En canto cobren os miles de millóns cos que o Estado sobreprotector, solo con eles, vainos prover están dispostos a refundarllelos a fundirllelos e refundirllelos e a blindarse ante novas adversidades, aínda que adoiten fallar nas súas análises e nas súas profecías saben que algo está a punto de estalar, non nas súas burbullas senón na pura rúa, onde xa se escoita que: «O capitalismo non hai que refundalo hai que destruilo».

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



