XOVE .- O sábado 21 de febreiro tivo lugar o DESFILE ENTROIDO 2009, celebrado por segundo ano consecutivo despois de moitos anos sen celebrarse, organizado polo Concello de Xove a través da súa Concellería de Cultura. Do mesmo temos que destacar dúas cuestións principais, por un lado a afluencia masiva de público que ateigou as rúas de Xove, axudado por unha tarde preciosa, soleada, e por outro, o gran número de disfraces que participaron no Concurso: 42 individuais infantil, 8 individual adulto, 12 parellas, 19 grupos e comparsas e 11 carrozas, cun nivel de creatividade e imaxinación moi altos; ao desfile tamén se apuntaron moitos máis disfraces dos que sinalamos antes, pero que non quixeron entrar no Concurso, senón que preferiron estar para animar a festa. Se o pasado ano o desfile xa fora todo un éxito, as expectativas deste ano quedaron amplamente superadas, tanto en afluencia de público como en número e calidade de disfraces.
O Xurado, que estivo formado por catro persoas, todas de fora de Xove, decidiron que os premiados do Desfile foran os seguintes:
LISTA DE PREMIOS DO ANTROIDO 2.009 ORGANIZADO POLO CONCELLO DE XOVE
| NOME
(TÍTULO DO DISFRAZ) |
PREMIO |
| C-9 (“APOLO-CRISE”) | 1º PREMIO CARROZAS:
500 €UROS |
| C-7 (“BEBÉ +”) | 2º PREMIO CARROZAS:
300 €UROS |
| C-4 (“ALADIN E A LÁMPARA MARAVILLOSA”) | 3º PREMIO CARROZAS:
200 €UROS |
| C-2 (“OS BALLENEROS DE MORÁS”) | 4º PREMIO CARROZAS:
100 €UROS |
| G-1 (“OS FARALLÓNS DE SAN CIPRIÁN”) | 1º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:
350 EUROS |
| G-6 (“LA CASITA DEL DUENDE”) | 2º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:
250 EUROS |
| PILAR RIVAS VILLARQUIDE
G-15 (“OS BARRILETES”) |
3º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:
150 EUROS |
| G-18 (“DESCENSO DO RIO RIGUEIRA”) | 4º PREMIO GRUPOS E COMPARSAS:
80 EUROS |
| P-3 (“LOS CARACOLES GIGANTES”) | 1º PREMIO PARELLAS:
110 EUROS |
| P-2 (“BURBUJAS DE CHAMPÁN”) | 2º PREMIO PARELLAS:
80 EUROS |
| P-10 (“PARELLAS DE OCAS”) | 3º PREMIO PARELLAS:
50 EUROS |
| P-8 (“OS GNOMOS DO BOSQUE”) | 4º PREMIO PARELLAS:
30 EUROS |
| A-6 (“MÁSCARA DE SARGADELOS”) | 1º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:
60 EUROS |
| A-2 (“MESA CAMILLA”) | 2º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:
45 EUROS |
| A-7 (“MÁSCARA ESPALLADORA”) | 3º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:
30 EUROS |
| A-3 (POLLO DESPLUMAO”) | 4º PREMIO INDIVIDUAL ADULTOS:
20 EUROS |
| I-25 (“CARACOL”) | 1º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:
40 EUROS |
| I-24 (“PULPO”) | 2º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:
30 EUROS |
| I-2 (“BARBIE MARIPOSA”) | 3º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:
20 EUROS |
| I-8 (“PRINCESA MEDIEVAL”) | 4º PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL:
10 EUROS |
Rematado o Desfile aproximadamente ás 18:30 da tarde no Pavillón Municipal de Deportes, e antes do espectáculo LUZESON que estaba previsto a continuación, tódolos participantes inscritos previamente no Desfile (inscritos ata o 20 de febreiro) recibiron un obsequio de parte do Concello como agradecemento a súa participación, obsequio gastronómico con productos típicos do antroido como chourizos, cachola, etc..
Do espectáculo LUZESÓN, música cun DJ e xogos para a xuventude, disfrutaron moitísimas persoas, especialmente nenos/as e rapaces/as, xa que a eles ía destinado. Rematado este espectáculo ás 10 da noite aproximadamente, a festa pasou á Carpa Multiusos do Concello onde centos de disfrazados disfrutaron dun Baile de Disfraces coa Orquestra La Oca ata altas horas da madrugada.
A entrega de premios, presentada polo Técnico de Cultura do Concello Mario Eijo, e coa presencia de membros do xurado, o Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outros membros do equipo de goberno, realizouse na Carpa Multiusos a partires das 23:30 horas, no primeiro descanso do Baile.
A Concellería de Cultura quere agradecerlle a todo o público presente e a tódolos participantes no Desfile a súa participación neste Desfile.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



