RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, califica de complexa a situación na que se atopa a traída principal de auga a Ribadeo “esta traída que ven desde o concello veciño en Trabada no lugar de Vilarbetote ata os depósitos de Santa Cruz en Ribadeo, descorrendo por uns vinte e tantos quilómetros nuns tramos moi importantes no que tiña que ver coa antiga vía do tren mineiro de Vilaodriz a Ribadeo”.
O rexedor explica que “se trata dunha tubería dos anos 70 de fibrocemento que xa non está adaptada á normativa vixente como debera ser. Pero sobre todo o que máis nos preocupa é que ao longo destes anos ao seu carón, enriba e ao pé foron medrando árbores, foron medrando eucaliptos en ámbitos onde o Concello é propietario ou ben onde conta con autorización dos propietarios anteriores para pasar esta liña… polo tanto ten afectado un espazo de servidume”.
A Fernando Suárez parécelle “moi preocupante a situación na que se atopa esa traída e como temos unha responsabilidade grande desde o Concello polo que poida pasar, acabo de dar instrucións tanto aos técnicos municipais coma á empresa responsable do servizo de auga que é Aquagest para que efectúen un levantamento, un estudio ao detalle para saber a situación na que se atopa toda esa liña. E que se proceda coas debidas autorizacións á cortas de cantos árbores poidan estar enriba ou ao pé desa tubería no noso ámbito de afección, porque si chega a romper a tubería Ribadeo, dado que non ten un depósito de auga cunha capacidade suficiente, pode quedar desabastecida en cuestión de horas e si eso coincide na época estival a desgracia pode ser maiúscula”.
O alcalde de Ribadeo entende que “a situación é complexa e ata o de agora desde os anos 70 ninguén lle puxo remedio a esta realidade. Si teño que lembrar que hai tres anos, eu sendo tenente de alcalde ordenei o desbroce do que eran os tramos públicos da ruta do tren mineiro, pero hai unha serie de treitos aos que non se puido acceder e que agora con todas as consecuencias temos que cortar a madeira que se atopa enriba ou ao pé, porque non podemos enfrontarnos a unha situación de rotura dunha tubería que levaría moitos días resolvela e que podería ocasionar que Ribadeo quedase sen auga”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



