Nota de Prensa
O GPPP DI QUE A DEPUTACIÓN DEBERÍA CUANTIFICAR A APORTACIÓN ECONÓMICA E OS MEDIOS QUE ADICARÁ Á RESERVA MARIÑA DE CELEIRO-O VICEDO
• O voceiro adxunto José María González Barcia considera que a Deputación debe aumentar e priorizar os apoios económicos ó sector pesqueiro
• Os populares piden que se flexibilice a lexislación en materia de reservas mariñas
Lugo, a 26 de febreiro de 2009.- O GPPP afirmou que a Deputación debería aumentar as aportacións económicas en respaldo ó sector pesqueiro en tres direccións: apoio ó sector marisqueiro para o sementado; apoio ó sector empresarial para axudas á moderninación e apoio ós mariñeiros e confrarías de carácter social.
Para os populares, segundo indicou o seu voceiro adxunto José María González Barcia, “resulta chocante” que a Deputación “se embarque” agora no apoio á creación da reserva mariña de Viveiro e O Viñedo, “unha iniciativa que non é novidosa e para a que non pon nin un só euro sobre a mesa”, sen que con antelación tivese adoptado ningún tipo de medidas nas tres áreas citadas anteriormente.
Para os GPPP, que considera que a creación dunha reserva mariña nesta zona é positivo, aínda que engadindo o matiz de que “sempre e cando haxa acordo sectorial unánime ó respecto e non orixine gastos engadidos ós posibles afectados pola súa creación”, a Deputación “súbese a un carro que xa estaba andando”. Unha iniciativa que, segundo indica González Barcia, está dando “resultados dubidosos” en Lira e que na zona de Ortegal, por exemplo, moitos dos asonantes iniciais para a súa posta en marcha agora están suscribindo xustamente o contrario.
“O PP apoiou a moción socialista”, salienta Barcia, “pero considera que o respaldo da Deputación queda reducido a un mero aplauso e pouco máis porque a Deputación pode propoñer ás administracións autonómica e estatal que se regulen aspectos que poidan afectar de maneira negativa ás embarcacións artesanais que puideran faenar nas augas da reserva e non o fixo”.
AXUDAS CLIENTELARES.-
O GPPP considera ademais que as subvencións destinadas a asociacións e colectivos para pequenas obras é “caciquil e clientelar”.
Esta consideracións baseanse, segundo indicou González Barcia, en que nas axudas concedidas en 2008 primouse a de aquelas persoas afíns ó PSOE, “mesmo concedendo cartos para obras particulares a residentes en concellos distintos ós da solicitude e incluso noutras provincias. Tanto é así, que o BNG non asistiu á comisión de valoración, o que exemplifica que o reparto das subvencións provocou diferencias entre os dous socios”.
Por outra banda, engaden dende O GPPP, non se incrementan os fondos para este tipo de subvencións, “co que se demostra que non hai interese real en que estas axudas cheguen a todos os colectivos”.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



