NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG CONSTATOU O MALESTAR DOS VECIÑOS DE BARREIROS COS DANOS QUE A AUTOVÍA A-8 ESTÁ A CAUSAR NESTE CONCELLO E ESIXEN SOLUCIÓNS. OS NACIONALISTAS SEGUIRÁN CO TRABALLO INICIADO HAI MESES.
Barreiros, 28 de marzo de 2009. O Consello Local do BNG de Barreiros reuníuse cos colectivos veciñais e veciños afectados polas obras da autovía A-8 na sede local do BNG en San Cosme de Barreiros. Os nacionalistas tomaron esta decisión “despois de que o Partido Popular intentase boicotear a comisión de seguimento das obras da autovía. Dita comisión fora constituida a raíz dunha proposta do BNG que trasladou aos demais grupos da oposición, e conxuntamente solicitaron en pleno a súa constitución, sendo aprobada por unanimidade e participando nela todos os grupos”, lembra Xesús Díaz, concelleiro do BNG en Barreiros.
Díaz engade que “este traballo iniciado no mes de novembro, cunha primeira reunión de constitución da comisión e seguido despois co traballo de campo visitando as zonas afectadas e dialogando cos veciños para recoller as súas demandas, viuse truncado pola actitude da alcaldía que se negou a convocar as reunións das comisión cada último xoves de mes , tal como estaba preestablecido. Diante desta actitude boicoteadora do Partido Popular, e tendo en conta que as queixas veciñais continuaban, pois as súas demandas non eran atendidas, o Bloque Nacionalista Galego convocou aos colectivos veciñais, pois o compromiso do BNG é por enriba de todo cos veciños”.
Pola súa banda, Antonio Veiga, sinala que “este malestar veciñal constatouse nesta reunión, manifestando os representantes dos colectivos a súa preocupación porque o tempo vai pasando e nin desde o Concello nin desde Fomento lles garanten solucións. É de destacar a demanda presentada por veciños de San Cosme sobre o Camiño Real, que o acceso a autovía desde Pozomouro deixa cortado e incomunicadas as fincas colindantes. Tamén ven con preocupación en San Cosme as vertentes de augas que poden afectar a algunas casas”.
Os nacionalistas suliñan que “é unha demanda común de todos os colectivos que os viais municipais empregados polas empresas constructoras da autovía queden en perfecto estado ao remate das obras. Pero para iso esixen un compromiso entre o Concello, Fomento , as empresas e os veciños. Así mesmo outros colectivos coma o de Vilamar esixen indemnizacións ou compensacións para a parroquia polas molestias na ocupación dos viais (que iba ser para dous ou tres meses e xa van máis de dous anos). En tramos coma os de Celeiro de Mariñaos, as demandas sí están sendo atendidas pola empresa constructora, logo de que a Asociación de Celeiro fora a primeira en presentar as súas demandas. Iso sí, siguen reclamando que os viais, ao remate das obras queden en perfecto estado, e tamén sexa compensada a parroquia”.
Diante das demandas e situacións expostas polos veciños, o BNG acordou con eles “seguir facendo os traballos que lle correspondería realizar á comisión reventada polo PP, polo que xunto cos colectivos veciñais e afectados seguirán facendo o seguimento, o traballo de campo, e trasladando as demandas e propostas ao Concello, ás empresas, e ao Ministerio de Fomento”.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



