CERVO .- A unidade de rescate en altura de Protección Civil de Cervo, participou con responsables de seguridade da empresa Norvento Enerxía, na planificación de sistemas de evacuación e réstache de posibles accidentes nas distintas instalacións eólicas.
Cinco membros da unidade de rescate en altura de Protección Civil de Cervo, visitaron os parques eolicos de Montouto e Coruxeiras, onde coñeceron o funcionamento, riscos e solucións para posibles evacuacións dos aeroxeradores, en concreto visitáro os dous modelos de aparellos cos que conta a empresa nos seus respectivos parques eólicos de 45 e 60 metros de altura, acompañados por persoal de prevención de riscos laborais e mantemento das instalacións.
A visita iniciaouse ás 9 da mañá e finalizou á seis da tarde. Durante todo o día, accedeuse aos aeroxeradores e comprobouse in situ, as zonas de risco e as posibles solucións técnicas para o rescate. Durante os próximos días, o persoal de Cervo, desprazarase de novo aos parques eólicos, para reunirse e analizar os datos obtidos, a fin de asesorar tecnicamente aos propios grupos de rescate do persoal de empresa, como para coordinar as posibles intervencións conxuntas.
Á visita estaban invitados, persoal do 061, Protección Civil de Villalba, Bombeiros de Lugo e persoal da Xefatura Provincial de Protección Civil de Lugo























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



