RIBADEO .- (FNC) O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez di que “hoxe é un día histórico para Ribadeo porque se asinou a acta de replanteo previa ao inicio das obras do polígono industrial, con esta actuación que leva adiante SEPES, a empresa pública do Ministerio de Vivenda e FCC que á a adxudicataria das obras de urbanización. A partires do día de hoxe empezan a contar os 11 meses nos que a SEPES se comprometeu a executar o polígono industrial tan demandado desde hai tantos anos en Ribadeo, e podemos dicir que para a primavera que ven o polígono será unha realidade feita, construida e constatada e que nestes 115.000 metros cadrados de superficie neta poderánse instalar arredor dunhas 50 empresas que poden xerar unha chea de postos de traballo, máxime nesta situación económica tan delicada que está atravesando a nosa sociedade”.
Suárez Barcia engade que “eu como alcalde de Ribadeo quero expresar no nome de todos os ribadenses a nosa felicitación, a nosa noraboa para que estas cousas que se iniciaron despois de que se puidera desbloquear o tema da subestación eléctrica entre a Consellería de Industria, SEPES, Begasa e o Concello sexan unha realidade. Penso que esto foi o elemento definitivo que desbloqueou todos estes trámites que levamos anunciando xa desde hai moitos meses en canto a licitación, adxudicación de obras, etc, etc… Ao mesmo tempo debo decir que o que era a obra competencia do Concello que era a de levar a auga ao polígono foi adxudicada a Aquagest hai unhas semanas e nestes días empezan tamén as obras que terán unha duración moito menor á que vai ser a de urbanización do propio polígono industrial”.
O rexedor sinala que “logo nosoutros xa estamos traballando con SEPES para que nos digan canto antes os prezos finais de parcela para poder expoñelos ao público, para darlles a máxima información a todos os interesados e ao mesmo tempo tamén dialogamos con SEPES para garantir que a venda de parcelas sexa sempre baixo criterios de explicitar que é o que se quere poñer aí. Non queremos que se especule máxime nestes momentos con que determinadas persoas poidan comprar sen uso definido determinadas parcelas para logo vendelas ou arrendalas. Desde logo eso non o vemos con bós ollos e SEPES está de acordo con nosoutros e queremos que todas as parcelas que se vaian vendendo vaian ligadas a algunha actividade concreta para poderen ser vendidas senón eso desde logo deberá revertir outra vez na SEPES. Debo decir que hoxe é un día moi importante para Ribadeo porque por fin despois de moitísimos anos hoxe formalmente queda constatado no papel que se da o pistoletazo de saída ás obras de execución do polígono industrial de Ribadeo”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



