RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Cultura e a Oficinal Municipal de Información Xuvenil elaboraron un programa de actividades destinadas aos nenos para que poidan gozar “neste tempo de ocio e de lecer que van ter na semana santa”, segundo explica a edil, Mariluz Álvarez Lastra. Serán os días 6, 7 e 8 de abril en diferentes escenarios da vila ribadense, coma o telecentro, o parque de San Francisco ou a biblioteca municipal. As actividades terán carácter gratuíto e só fará falla inscribirse para participar no fútbol 3×3 e nos xogos educativos no telecentro. Os interesados poden anotarse no número de teléfono 982 120 808.
O luns 6 de abril haberá fútbol 3×3 tanto pola mañá como pola tarde no Cantón dos Moreno, a partires das 11:00 e das 16:00 horas respectivamente. Os xogos educativos no telecentro serán de 11 a 12 para os nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, de 12 a 13 horas para os de 6 a 9 e de 17:00 a 18:00 para os rapaces maiores de 10 anos. Ese día, o luns 6 de abril, de 16:00 a 18:00 horas “teremos unha actividade denominada Patina en familia, na que non haberá límite de idade para participar, contaremos con monitores especializados e poderá participar toda a familia, incluidos os pais e as nais dos nenos. As actividades desta semana santa están enfocadas non só para que os nenos as gocen, senón para que os seus pais poidan participar con eles nos distintos xogos que hai”, segue a relatar a concelleira da Cultura. Haberá tamén unha cita cos bolos a partires das cinco da tarde no parque organizada polo clube de bolos Ribatra.
O martes 7 de abril pola mañá haberá fútbol 3×3 e as actividades no telecentro ao igual que pola tarde e “nesa xornada teremos tamén unha actividade de animación á lectura O conto dos sete mares ás 17:30 horas na biblioteca municipal para toda a familia”.
E xa o mércores 8 de abril ás 11:00 da mañá na biblioteca municipal haberá de novo animación á lectura cos Contos da vía láctea e pola tarde será tempo de catro a sete para os xogos de sempre e de agora, como bicis e aros, zancos e carreira de sacos, as mazás penduradas, brilé e pano, tres en raia… serán actividades nas que poderá participar tamén toda a familia e xa o domingo 12 de abril ás 17:30 horas no Auditorio Municipal a compañía La Tirita porá en escena a obra El Romeo y La Julieta.
Mariluz Álvarez Lastra sinala que “repartiremos folletos polos centros de ensino para que os nenos teñan toda a información que precisen sobre estas actividades das que van poder gozar na semana santa de xeito totalmente gratuíto”.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



