RIBADEO .- (FNC) A Concellaría da Muller e o CIM de Ribadeo organizan diversas actividades destinadas ás mulleres que presentou esta mañá a edil nacionalista, Mariluz Álvarez Lastra. O sábado 18 de abril dará comezo un curso de fotografía dixital que se desenvolverá na Escola de Ove os sábados de 11:30 a 13:30 ata finais de maio. Segundo a concelleira de Muller “as mulleres poderán iniciarse na fotografía dixital e no seu tratamento a través da informática, por exemplo. Iniciarse en algo artístico e tamén como unha maneira de comunicar”. O curso é totalmente gratuíto e o único que teñen que facer as interesadas é anotarse nas oficinas do CIM ubicadas no Auditorio Municipal ou chamar ao teléfono do CIM 982 120 739.
E o 19 de abril comenzarán Os domingos a pé que “son unhas rutas de sendeirismo que facemos para compartir e disfrutar do tempo de ocio que temos para nós e achegarnos ao noso patrimonio cultural e artístico”, explica Mariluz Álvarez Lastra. O domingo 19 de abril a ruta será por Santa Eulalia de Oscos e a segunda terá lugar o 24 de maio por Vilaodriz. A saída de Ribadeo, nos dous casos será ás 11 da mañá e a volta entre as cinco e as seis da tarde. Neste caso a actividade tamén é gratuita e para apuntarse as interesadas en participar deben facelo no CIM en horario de 8:30 a 15:00 horas. Estas rutas estarán dirixidas por Pena Tallada e pola Asociación Paco Lanza.
Esta programación foi acordada no seu día polo Consello Municipal da Muller de Ribadeo.
A concelleira de Muller e Cultura lembra que tamén o 19 de abril haberá teatro en Ribadeo coa posta en escea da obra Unha primavera para Aldara “que está moi orientada aos temas da muller, por eso as convido a que acudan a ver esta representación que terá lugar ás 20:30 horas”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



