BURELA (FNC).- A Delegación de Turismo do Concello de Burela da que é responsable José González Legazpi fai unha avaliación obxectiva sobre os pasados días festivos que “incidiron na importancia do turismo de proximidade, do que se ven facendo mención nos recentes estudos e programas vencellados ao mesmo polos sectores implicados para a consecución dunha máis grande capacidade turística fundamentada na desestacionalización”.
Segundo González Legazpi “dende a Oficina de Turismo de Burela, se ten rexistrado nestes tres días festivos unha afluencia de visitantes de proporcións semellantes ás do verán, xa que logo preto de cen persoas diarias estiveron interesándose polo noso Concello e tamén pola Comarca da Mariña. Destacar que a procedencia maioritariamente foi da nosa comunidade autónoma, principalmente do eixe atlántico, seguida da comunidade asturiana e tamén moi representativa foi a afluencia de persoas chegadas dende a capital de España, e do norte peninsular, concretamente de Cantabria e do País Vasco, pero tamén de Castela-León. En definitiva acredítase o interese do turismo de cercanía que na actual coxuntura económica ten unha maior posibilidade de acomodación para o visitante”.
O delegado de Turismo de Burela destaca “este avance significativo en tanto que determina claramente e de modo positivo o resultado do traballo que se ven facendo na divulgación e participación en certames, de ámbito indistinto, o que fan posible o achegamento de visitantes ao noso Concello en épocas non estacionais como foron estes pasados festivos de semana santa, e que tamén representa unha condición positiva para os sectores socioeconómicos locais e un avance progresivo nas políticas de afianzamento na desestacionalización e por consiguinte no desenvolvento xeral do turismo no Concello de Burela”.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



