BURELA (FNC) .- O Concello de Burela xa licitou definitivamente as 15 obras que se realizarán nos vindeiros meses con cargo ao fondo estatal de inversión e que suporán un investimento de case 1.600.000 euros. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “o vindeiro venres manteremos un encontro no Concello coas empresas que farán eses traballos para decidir cales serán os primeiros proxectos en executarse. Hai moitas desas obras que queremos ter listas antes de que empecen as festas de Burela. Trátase do pintado de rúas e da colocación de mobiliario urbano, ademais dalgunhas melloras que se acometerán no alumeado público. Comezaremos por aí e despois xa seguiremos co resto dos proxectos”.
Llano espera que “nun prazo duns tres meses todas estas obras estean rematadas”.
Xestión da auga
Por outra banda, o alcalde de Burela, ven de confirmar que foron catro as empresas que presentaron ofertas para facerse cargo da xestión da auga ó longos dos vindeiros 15 anos. Son: Aqualia, Gestagua, Espina y Delfín e Aquagest. Alfredo Llano sinala que “agora estamos no proceso de estudio e de valoración das ofertas que nos expuxeron, procurar facer todo con transparencia e coa máxima responsabilidade e agardamos que a finais de abril ou a principios de maio poidamos ter xa lista a concesión definitiva”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



