BURELA (FNC).- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, mantiveron un encontro con responsables de Costas para facer un seguimento das obras que este departamento está a realizar ou realizará nas praias do concello. O rexedor considera que se trata de “cinco actuacións que no seu conxunto beneficiarán moitísimo a integración do turismo en Burela”.
30.000 metros cadrados de zonas de h
Llano explica que na praia da Marosa “se acometerá unha actuación moi importante, xa estamos na fase de licitación do proxecto. Alí váise facer unha grande área recreativa que abarca uns 30.000 metros cadrados e na que haberá zonas de deportes para adultos e para nenos, xardíns dotados con mobiliario urbano e zonas para poder disfrutar de xantares familiares. É unha zona moi grande que da para facer moitas cousas”.
No caso da praia de Ril “consideramos que este ano se empezará a mellorar a zona de aparcamento, e tamén se van construir casetas para os socorristas, servizos hixiénicos e un área de xogos infantís”, segue a relatar o rexedor burelés.
A PRAIA DO PENOURAL CONTARÁ CUN ÁREA DE ESTACIONAMENTO PARA AUTOCARAVANAS
O alcalde engade que na praia do Portelo “poñeremos tamén unha caseta para os socorristas, eso xa está en fase de proxecto, de feito onte estivemos a ver tres posibles modelos e calquera podería servir para instalar neste areal. Colocaremos tamén iluminación para favorecer a práctica do deporte no mar e na área destiñada a este fin e tamén colocaremos unha pasarela peatonal e unha rosa dos ventos. No Cabaliño faremos tamén actuacións similares e na praia do Penoural imos construir un acceso para minusválidos e imos demoler unha nave que no seu día se adicou ó peixe e que agora lle da moi mal aspecto a toda aquela zona. Váise tirar e alí imos crear un área de estacionamento para autocaravanas, con catro ou seis prazas e haberá tamén zona de deportes para nenos e maiores”.
Llano suliña que “no paseo marítimo de O Cantiño que ten uns 3 kilómetros de lonxitude imos poñer alumeado para que se poida pasear pola noite. Esta obra xa a estamos a rematar na actualidade”.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



