SAN CIBRAO .- Anselmo López Carreira impartiu no museo do Mar de San Cibrao unha conferencia sobre a Idade Media. Esta iniciativa forma parte dentro dun ciclo sobre a Historia de Galiza que organiza a asociación Mariña Patrimonio en colaboración co Área de Cultura da Deputación de Lugo. O responsable desta area, Antonio Veiga, asistiu a conferencia en San Cibrao.
Nota de Prensa
O MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO ACOLLEU UNHA CONFERENCIA SOBRE A IDADE MEDIA
Esta conferencia enmarcase dentro do ciclo organizado por Mariña Patrimonio sobre a Historia de Galiza
O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, asistiu a esta charla ofrecida por Anselmo López Carreira
LUGO, 16 de maio de 2009. O reponsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista, Antonio Veiga asistiu como convidado á conferencia impartida por Anselmo López Carreira sobre A Idade Media. Veiga foi o encargado de recibir, no Museo do Mar, ao conferenciante e ao presidente de Mariña Patrimonio, Francisco Luis Rodríguez Guerreiro. Esta charla, que se celebrou no muso do Mar de San Cibrao, enmarcase dentro dun ciclo sobre a Historia de Galiza. O ciclo conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e está organizado pola asociación Mariña Patrimonio. A charla que comezou ás 18:30 horas e completou unha xornada que se iniciou pola mañá cunha visita guiada á fortaleza de Tovar en Sto. Tome de Lourenzá e ao museo de Arte Sacro de Vilanova de Lourenzá, onde se atopan os restos do Conde Santo.
A asociación Mariña Patrimonio, en colaboración coa área de Cultura da Deputación de Lugo, puxo en marcha o Ciclo Historia de Galiza que se desenvolve entre os meses de abril e maio. A primeira das actividades programadas foi unha ruta polos castros das Grovas, Meirengos e Fornelo, todos no Concello de Ribadeo. Entre as charlas que se impartiron no museo do mar podemos citar a do arqueólogo Antonio da Pena Santos. O 25 de abril analizouse a Muralla de Lugo no contexto da cidade, con Adolfo de Abel Vilela, o 9 de maio visitáronse as terras de Valadouro e Mondoñedo. Para rematar, a derradeira das xornadas dedicarase aos cambios do século XIX na Mariña, xornada que incluirá unha ruta polos pazos da comarca da Mariña e unha conferencia a cargo de Prudencio Viveiro Mogo, natural de Ferreira.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



