NOTA DE PRENSA
A formación política popular quenta motores coa mirada posta nas vindeiras eleccións europeas previstas para o mes de xuño
BALSEIRO PARTICIPARÁ NUNHA REUNIÓN DE CAMPAÑA NA SEDE NACIONAL DO PP
* O dirixente popular adianta que a campaña estará centrada en transmitir dúas mensaxes ben definidas:
+ Galicia debe recuperar a súa presenza nos foros de decisión da Unión Europea, pois as institucións europeas son importantes á hora de resolver os grandes problemas dos galegos.
+ O Goberno de Zapatero debe recibir un serio correctivo electoral, pois a súa caótica xestión está a deteriorar o protagonismo que noutro momento España tivo dentro da Unión: líderes da situación de crise, líderes do desmprego.
A Mariña, 04 de maio de 2009.- O secretario provincial do PP en Lugo e deputado mariñán, José Manuel Balseiro Orol participará mañá martes 5 de maio nunha xuntanza na Sede Nacional do Partido Popular sita na madrileña rúa Génova número 13. Balseiro Orol actuará en calidade de responsable de campaña das eleccións europeas en Lugo nun encontro no que se prevé facer un seguimento dos traballos desenvolvidos ata o momento e coordinar as actuacións a seguir co obxecto de preparar a cita coas urnas prevista para o vindeiro mes de xuño.
IMPLICACIÓN Á FONDO NAS ELECCIÓNS EUROPEAS
Balseiro Orol adiantou que a súa formación política se implicará a fondo nas próximas eleccións europeas co obxectivo de que Galicia recupere a súa presenza nos foros de decisión da Unión, así como tamén espera que os futuros comicios sirvan como plataforma de castigo ao actual Goberno de Zapatero cuxa caótica xestión está a deteriorar a imaxe de España no conxunto de Europa.
SOLUCIÓNS: A IMPORTANCIA DA UE
De feito, segundo explicou o dirixente popular, a intención básica da súa formación política e aproveitar a campaña electoral para explicar a importancia das institucións europeas no obxectivo de resolver os grandes problemas dos galegos. “Na capital comunitaria toma decisións de gran calado para os cidadáns: para a nosa pesca, para o mundo do agro, ou para o mundo na industria. Así por exemplo é en Europa onde se está a decidir o futuro enerxético, ou o establecemento das tarifas eléctricas que tanta incidencia teñen na viabilidade futura de multinacionais da importancia na nosa comarca como é Alcoa”
CENSURAR A ERRADA POLÍTICA DE ZP
Por outra banda o PP espera que as vindeiras eleccións europeas sexan unha nova oportunidade da cidadanía para censurar a errada política do Goberno de Zapatero. Como proba da súa caótica xestión, o PP ofrece os datos reais e concretos da destrución de emprego, que ten unha importante incidencia en Galicia. Non en van, o noso país é o de maior desemprego de toda Europa e, ademais, a taxa de paro rebasa no dobre a media da UE. Desafortudamente con Zapatero somos líderes da crise en Europa pero tamén líderes no paro, na destrución de emprego.
POBO A POBO
Balseiro se amosa convencido de que se hai apenas mes e medio, os galegos mostraron a súa decisión inequívoca de que era o Partido Popular quen mellor representaba os seus intereses, unha nova vitoria do PP, está vez nas eleccións europeas suporá que os intereses dos galegos estarán representados dun modo máis acorde coa realidade”. E por iso que o PP se implicará “a fondo” nos comicios de xuño a través dunha campaña “próxima, de pobo a pobo” e que prestará especial dedicación a aqueles colectivos aos que afectan de forma especial os asuntos comunitarios.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



