RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que “todos estes actos levados adiante nesta longa fin de semana poñen de manifesto que Ribadeo é un sitio cunha importante atracción turística, si cabe aínda máis por todos estes actos en memoria do ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo”.
O rexedor destacou “a enorme participación e a cantidade de xente que acudiu a esta feira Con queixo, pan e viño, ven ao camiño, que se celebrou coa colaboración estreita e coa organización das fundacións comarcais e co apoio imprescindible de numerosos departamentos da Xunta de Galicia, como Turismo, Medio Rural, o Xacobeo e tamén a Deputación de Lugo. Logramos facer un evento con moitos vendedores de viño, queixo e pan e que atraeu a moita xente. Eu creo que estas actividades son as que axudan a que os diferentes establecementos de servizos que temos na nosa vila, restauración, hostalería, tendas… se beneficien tamén da afluencia de xente a estes eventos que vimos organizando. E como resumo desta fin de semana e en vista dos datos que me apuntan desde a organización unhas 6.000 persoas recibiu a feira e viñeron a degustar e a mercar queixo, pan e viño”.
Fernando Suárez engade que “digo esto porque xa temos a tiro de pedra unha nova edición do Ribadeo de tapeo que comezará o 16 de maio e que é un referente que está tendo un éxito enorme e que move a moita xente non só de Ribadeo senón tamén da Mariña luguesa e do Occidente asturiano.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



